PRIMEIRA FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS
O prazo de solicitudes para realizar a reserva de praza do alumnado que cursará estudos no IES Cabo Ortegal en 1º da ESO no curso académico 2023-2024 abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
Para poder realizar a reserva de praza deberase presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso (CEIP Manuel Fraga Iribarne) ou a través da antedita aplicación.