Eventos
O alumnado de 1º BAC ten una charla informativa do C.D. Cariño o xoves 23-5-24 de 08:30 a 09:20 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 3º e 4º ESO participa nun obradoiro sobre minerais o xoves 23-5-24 de 12:20 a 13:10 horas
CANCELADA
O alumnado de 3º ESO e o de 4º que cursa BiXe realizan unha saída ás lagoas de Morouzos o xoves 30-05-24 de 08:30 a 13:30 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Ciencias
O martes 14 de maio, celebrouse en Santiago a XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA.
A nosa compañeira Ana acudiu a relatorios sobre dinamización, teatro e achegamentos á lectura da man de persoas como a autora Arantza Portabales @arantzaportabales, o dramaturgo Artur Trillo ou a ilustradora Julia Lago @quepasajuliA
Anotamos moitísimas ideas e títulos para incorporar o próximo curso!
O noso fondo bibliográfico crece na sección de diversidade grazas ás suxestións do noso Departamento de Orientación!
Podedes pasar pola Biblio e levardes en empréstito esas e outras novas adquisicións!
O alumnado de 4º ESO e 1ºBAC que participa no Club de Lectura do curso 23-24 ten unha actividade o luns 3-6-24 de 09:20 a 11:00 horas.
O equipo de @theoriginescape transformou a Biblioteca e converteunos en Axentes do CNI cunha importante misión... desactivar unha bomba!
Por sorte, os dous grupos evitaron o desastre resolviendo todolos enigmas e descifrando as pistas que o xogo plantexou.
Moitas grazas @theoriginescape por facernos pasar unha mañá tan boa!
O alumnado de 2º ESO que participa no Club de Lectura do curso 23-24 ten unha actividade o luns 3-6-24 de 11:30 a 13:10 horas
A actividade está organizada
O alumnado de 1º ESO realiza unha saída didáctica a A Coruña o martes 4-6-24 de 08:30 a 19:00 horas.
A actividade está organizada polo profesor titor
Participa na VI edición do Concurso de fotografía matemática do IES Cabo Ortegal, organizado polos Departamentos de Matemáticas e de Educación Plástica, xunto coa Biblioteca, o @club_ciencias_ortegal, e o @edlg_ortegal.
Prazo de presentación: do 27 de maio ó 7 de xuño.
O alumnado de 4º ESO e de 1º BAC que forman parte do Club de Ciencias vai a poñer un porto de venta de produtos artesanais no mercadillo do venres 7-6-24.
- 4º ESO A de 11:30 A 13:10 horas
- 1º BAC de 12:20 a 14:00 horas
O alumnado de 2º BAC realiza o seu acto de graduación o venres 7-6-24 ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Cariño.
A continuación os asistentes pasarán á sala de lectura para tomar unos pinchos que as familias e o IES Cabo Ortegal prepararon en agradacemento á súa asistencia.
CICLO 3º AVALIACIÓN DE 16:00 A 16:30 HORAS
AVALIACIÓN ORDINARIA DE 1º BAC DE 17:45 A 18:45 HORAS
O alumnado de 2º de BAC realizou as probas ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, os días 4,5 e 6 de xuño de 2024 acadando unos excelentes resultados.
AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA DE 2º BAC DE 14:00 A 14:45 HORAS
O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º BAC que forman parte do Club de Ciencias realiza unha saída didáctica ás Cíes e Cerceda a partir das 14:15 horas do venres 14 ás 22:00 horas do domingo16 de xuño de 2024.
A Actividade está organizada polo equipo do Club de Ciencias.
Como sabedes, durante este curso no EDLG sumámonos á campaña @aquitamensefala , unha iniciativa de dinamización lingüística sen precedentes impulsada polo IES Rafael Dieste e desenvolvida polo alumnado duns 200 centros de ensino de toda Galicia.
Nestes últimos días do curso, queremos agradecer publicamente a tódolos establecementos cariñeses que se sumaron á campaña e recibiron cos brazos abertos á rapazada colaboradora do EDLG.
Porque en Cariño tamén se fala galego...
1. Libraría Abrente
2. Moda infantil y bebé D&M
3. Hotel restaurante A Cepa
4. Óptica Cariño
5. Isa's English Centre
6. Electricidad Hermanos Pita Vizoso
7. Tien 21 Cesáreo
8. Mesón O Barómetro
9. Salón de peiteado Debén
10. Asesoría Álvarez & Tomé
Seguimos dándolle as grazas ós establecementos e colectivos pixíns que se sumaron á campaña de dinamización lingüística @aquitamensefala, desenvolvida pola rapazada colaboradora do EDLG:
1. Redeiras de Cariño
2. Peixes e mariscos Miguel
3. Floristería O Xardín
4. Mesón O Grilo
5. Artesanía Ortegal
6. Perfumería Ross
7. Moda e complementos Zen
8. Asociación Fragas do Ortegal
9. Piscina Municipal
10. Salón de peiteado Pedro
O alumnado de 2º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec: "Espectáculo Innovando a hombros de gigantes" o martes 18-6-24 de 09:20 a 17:00 horas.
Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:
1º.- A participación nun reto grupal
Con formato de escape room, no que traballarán contidos sobre innovación e a importancia do traballo en equipo. Deberán intentar resolver un conxunto de desafíos que lles permitan atopar todas as claves necesarias para abrir unha caixa. Para levalo a cabo contarán coa axuda dun chatbor online polo que é aconsellable que o alumnado dispoña dos seus teléfonos móviles ou, como mínimo dun dispositivo cada 3 alumnas/os.
2º.- O espectáculo Innovando a hombros de xigantes
Propón un percorrido por momentos clave da evolución cintífico tecnolóxica desde os seus inicios hasta a actualidade: o lume, a palanca, a química moderna, a electricidade, a presión, o azar, a radioactividade, a ciencia médica e a chegada da IA.
Para finalizar o espectáculo, reflexionaremos sobre poñer en valor a importancia da investigación e a innovación, da necesidade de contar con expertos en Ciencia e Tecnoloxía para facer do mundo un lugar mellor.
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
Velaquí algúns locais máis que se sumaron á campaña de dinamización lingüística @aquitamensefala:
1. Tenda Atmosfera Sport
2. Farmacia ortopedia García-Mato
3. Supermercado Eroski Cariño
4. Cervexaría Aguillóns
5. Academia de ensino Victoria Eugenia Villar Teijido
6. Tenda Euronics Martul
7. Ferraxería Pumar
8. Bar Mar e Pedra
9. Estación de servizo Ortegal Oil
10. Salón de peiteado Sandra Campelle
En Cariño tamén se fala galego...
1. Chiringuito de San Xiao
2. Taberna do Trece
3. Talleres Rey
4. Local Social
5. As mariscadoras
6. Hotel restaurante Cantábrico
7. Tenda Artesa
8. Bar O Comezo
9. Complementos Cariño
10. Peiteados DAV Haircuts
O venres 21 de xuño a choiva deixou de caer e, para rematar como se debe o curso, fixemos a nosa andaina a Fornos. Alí repuxemos forzas comendo e bebendo e divertímonos con diferentes competicións nas que participaron tanto o alumnado como o profesorado.
O día quedou inmortalizado nas fotos e na acuarela que Elizavetta, a nosa pintora particular, realizou.
Vémonos de novo nun anaquiño.
Boas vacacións a tod@s!!!
En Cariño tamén se fala galego...
1. Chiringuito de San Xiao
2. Taberna do Trece
3. Talleres Rey
4. Local Social de Cariño
5. As mariscadoras de Cariño
6. Hotel restaurante Cantábrico
7. Tenda Artesa
8. Bar O Comezo
9. Complementos Cariño
10. Peiteados DAV Haircuts