Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
Start: 22/04/2024 11:30
End: 22/04/2024 14:00
Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na primeira sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-04-24 de 11:30 a 14:00 horas. Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil. Primeira parte Introdución ao mundo da animación: Falaremos do precinema para axudarmos a entender o funcionamento da animación, para isto valerémonos de múltiples xoguetes ópticos que nos darán unha visión máis real e cercana do que é a animación; o seu funcionamento e os principios teóricos. Proxección de curtametraxes en stop motión: A modo de exemplo e para introducirnos no cinema de animación visionaremos diferentes curtas, onde poderemos comentar e analizar sobre a propia realidade plástica do stop motión e todo o que nos aporta. Práctica co software “Stop Motion Studio”: Familiciarémonos co programa de animación para aprender o seu funcionamento, podendo centrarnos posteriormente no proceso de animación. | 23
Start: 23/04/2024 07:50
End: 23/04/2024 17:00
O 23 de abril de 2024 foi o lanzamento do noso satélite. Foi todo ben con relación á carcasa e ó paracaídas. O paracaídas logrou abrir á perfección e a lata non sufríu danos graves.
Pero non todo foi óptimo para o noso equipo PixinSat, tivemos problemas coa placa do Arduino e non puidemos recoller ningún dato á hora do lanzamento.
Nos vídeos que se mostran a continuación podedes ver a recollida do Sat e a noticia do Telexornal.
Start: 23/04/2024 11:00
End: 23/04/2024 11:30
Para conmemorar o Día do Libro montamos un mercado de intercambio de libros usados no recreo Start: 23/04/2024 11:00
End: 23/04/2024 11:30
No Día do Libro, fixemos unha lectura compartida de anacos dalgunhas obras relevantes da literatura universal nos idiomas do alumnado. Start: 23/04/2024 11:30
End: 23/04/2024 14:00
Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos. Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega. Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea
| 24
| 25
Start: 25/04/2024 11:00
End: 25/04/2024 11:30
Hoxe entramos á clase ó ritmo de "Grândola, vila morena" e repartimos caraveis para conmemorar o 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos.
| 26
Start: 26/04/2024 08:30
End: 26/04/2024 20:00
O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o venres 26-04-24 de 08:30 a 18:00 horas na xornada de exposición en Santiago. | 27
| 28
|