Eventos
O alumnado que cursa as materias de Filosofía e Latín acuden a Lugo o martes 7-3-23 de 08:30 a 20:00 horas. Pola mañá visita ao museo MIHL, percorrido pola muralla romana, visualización do Julio César do grafitero Diego As, visita á catedral. E, pola tarde, asiste no Auditorio Municipal Gustavo Freire á representación da obra El Persa de Plauto interpretada polo Grupo El Ruiseñor de Culleredo
A actividade está organizada polos departamentos de Filosofía e Latín
O alumnado de 2º e 3º ESO participa nun obradoiro eminentemente práctico sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o martes 7-3-23 de 11:30 a 13:10 horas.
É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.
A actividade está organizada polo departamento de Informática.
O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.
A relatora é Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.
A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.
O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.
A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos

O alumnado de 3° ESO A e B realiza o taller "Meteolab" o luns 20-03-23 de 16:00 a 17:40 horas impartido polo Instituto de Xeociencias e a Facultade de Físicas da Universidade Complutense de Madrid.
O taller está incluído no proyexto Ciudad Ciencia impulsado polo CSIC co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación.
A actividade está organizada polos compoñentes do Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal e o Concello de Cariño.
O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.
A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos
O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.
A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos
O alumnado de Bacharelato que participa no ERASMUS+ realiza unha viaxe ao Xeoparque do Courel e a Ourense do venres 24 ao domingo 26 de abril de 2023.
A actividade está organizada polo equipo ERASMUS+ do IES Cabo Ortegal.
O alumnado de 1º e 2º BAC que participa no programa Erasmus+ continúa coa súa divulgación da riqueza xeolóxica da contorna efectuando unha saída o luns 27-03-23 de 11:30 a 14:30 horas pola Capelada xunto co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP José María Lage de Ortigueira.
A actividade está organizada polo equipo Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal" e o Club de Ciencias do noso centro.
Unha representación do alumnado participante no proxecto Erasmus+ 'Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal' mantivo unha reunión co alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, co fin de solicitar ao Concello un espazo no paseo marítimo para a realización dunha exposición os días 11 e 12 de abril. Moi agradecidos ao Concello pola súa colaboración!
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE