Eventos
Elisa Álvarez e Beatriz Otero participan na segunda mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'ICT in the Classroom: Innovative Tools to Facilitate Students Learning, Collaboration and Creativity' en Atenas. O curso desenvólvese desde o luns 28 de novembro ata o sábado 3 de decembro.
Actividade financiada pola Unión Europea.
O alumnado de 1º ESO ten unha charla sobre Ciberbulling e as consecuencias do Acoso Escolar a través das Redes Sociais e en especias a través de WhatsApp, impartida por membros da Garda Civil, o martes 29-11-22 de 13:10 a 14:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
Patricia Vázquez e María Muiño participan na terceira mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'Environmental Education: Learning and Acting for a Better Future' en Dublín. O curso desenvólvese desde o luns 5 de decembro ata o venres 9 de decembro.
Actividade financiada pola Unión Europea.
Unha moi boa nova para toda a contorna!
Podedes consultar a nova picando no enlace:
O alumnado participante no festival de Nadal vai a realizar un ensaio o mércores 21-12-22 de 11:30 a 13:30 horas. Na sala de profesores poñerase un listado para consultar.
A actividade está organizada polo departamento de Música.
Todo o centro participa no festival de Nadal que terá lugar no Auditorio de Cariño de 10:15 a 12:15 horas.
Unha vez rematado voltaremos ao instituto onde nos esperan o chocolate con churros.
E así comezamos as vacacións de Nadal.