Eventos
O alumnado de 4º ESO ten unha charla, impartida por un membro da Armada, o venres 21 de xaneiro de 2022 de 09:20 a 10:10 horas.
A actividade está organizada polo departamento Orientación.
O noso instituto participa, outro ano máis, no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e subvenciona pola Unión Europea.
A partir do próximo luns 31 xaneiro, o alumnado poderá consumir unha peza de froita (10 días) e un brick de leite (20 días) durante os recreos.
Poderán escoller entre mandarina, mazá, pera ou plátano e o leite é 100% galega!!!!
A o longo do terceiro trimestre repetiremos o programa completo.
O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.
ENTREGA DE PREMIOS
O alumnado de 2º A realiza unha actividade na piscina municipal o martes 15 de febrero de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.