Eventos
O alumnado de 1º e 2º BAC teñen unha actividade impartida pola bailarina Marta Alonso Tejada o xoves 9-12-21 de 12:20 a 14:00 horas no pavillón do instituto
O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC acude ao Auditorio Municipal para participar nos MONÓLOGOS CIENTÍFICOS o luns 13-12-2021 de 16:00 a 17:40 horas.
O espectáculo corre a cargo do grupo BigVanCiencia, científicos e investigadores que usan as artes escénicas e o humor para divulgar contido científico.
Organiza o Concello de Cariño e o IES Cabo Ortegal.
O alumnado de 4º ESO realiza a ruta das Meninas de Canido e participa no taller D´tec "Mundos virtuais" no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol o 16-12-2021 de 08:30 a 17:00 horas.
A actividade está organizada polos departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía.
Sesión da 1ª avaliación do alumnado do CICLO de 15:30 a 16:00 horas
equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.
AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...
O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS
XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!