Eventos
O xoves 25-4-19 de 11:15 a 12:05 o alumnado de 4º ESO e de 1º BAC participa nunha videoconferencia que organiza o CESGA con motivo do Día das rapazas nas TIC.
O alumnado de Ciclo realiza unha visita á empresa R e á Casa do Home de A Coruña o venres 26-4-19 de 09:00 a 18:00 horas
O luns 29-4-19 de 16:00 a 17:40 horas o alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º de BAC ten unha charla sobre "Ortegal 21K', o I Medio Maratón Ortegal21k que se vai a celebrar o vindeiro sábado 25 de maio de 2019 organizado polos concellos de Cariño e Ortigueira e a Federación Galega de Atletismo organizan, que será á súa vez Campionato de España de Medio Maratón Máster 2018/2019 e XXIX Campionato de Galicia de Medio Maratón.
O luns 13 de maio de 2019 de 8:30 a 15:00 horas o alumnado de 1º de ESO e de 1º de BAC realiza unha actividade no encoro das Forcadas, dentro da campaña de promoción dos deportes náuticos dentro do centro, una sesión de 3 horas onde se imparten contidos de vela lixeira, de piragüismo e DE kaiak polo, ademáis organízase unha ruta para ter unha toma de contacto co paddle board.
O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre "Terapia ocupacional" o mércores 15-5-19 de 12:20 a 13:10 horas
O alumnado de 4º ESO B ten unha charla sobre "Terapia ocupacional" o mércores 15-5-19 de 13:10 a 14:00 horas
As Nais e pais do noso alumnado participan nunha charla, dentro do programa "Suprime o Control", na que se ofrecerá unha visión sobre a problemática sobre a violencia de xénero e se achegaránn unhas pautas e ferramentas que permitan abordar dita problemática dende o entorno familiar
O 20-05-19 dee 17:50 a 18:30 realizanse as avaliacións 3ª e Ordinaria do alumnado de 2º de BAC
O alumnado de 3º e 4º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 21 de maio de 2019 de 11:20 a 12:05 horas
O alumnado de 3º ESO participa na confección de carteis, última actividade do programa de educación ambiental "Comigo non contes, plástico", o XOVES 23 de maio de 2019 de 12:20 a 14:00 horas
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o alumnado do instituto realiza unha actuación na rúa o venres 24 de maio de 2018 de 11:15 a 13:30 horas na explanada ao carón da praza de abastos
Participan o grupo de Danza de Arcos do IES Cabo Ortegal xunto cun grupo de gaiteiras que acompañarán no momento de cantar o Himno Galego.
O noso agradecemento a Emilio Donato Fraguela Pérez pola súa colaboración e preocupación na posta en marcha da Danza de Arcos do IES Cabo Ortegal