Eventos
O mércores 20-02-19 de 10:10 a 12:05 horas a escritora Eva Mejuto, autora de "22 segundos", e o protagonista da mesma, visitan o noso centro para presentar á súa obra e falar da súa experiencia diante do alumnado de 2º e 3º da ESO
O alumnado de 4º de ESO, que cursa música, e todo o alumnado de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 21-2-19 12:20 a 13:10 a unha charla sobre "A historia cultura: o exemplo da música pop en España durante os anos 80"
O alumnado de 2º de BAC, que cursan TIC II, e de CICLO realizarán unha visita ao Centro de Innovación e Servizos de Galicia o mércores 27-2-19 de 10:10 a 19:00 horas
Toda a comunidade educativa celebrará o Entroido nun horario especial de 10:00 a 13:30 horas. E para que todos podamos participar suspéndense as clases, de mañá e tarde, no seu horario habitual.
Para celebrar o Entroido teremos unha xornada especial co seguinte horario:
- 10:00 horas: Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aulas onde se pasará lista.
- 10:00 – 10:30 horas: Tempo para que aquel alumnado que o desexe poida ultimar os seus disfraces.
- 10:30 – 11:30 horas: Concurso de disfraces. Premio dunha cea para os grupos que queden en 1º e 2º lugar (Iniciativa da ANPA Beiramar. Xurado composto por dous representantes da ANPA, dous representantes do centro e un representante do Persoal de Administración e Servizos).
- 11:30 – 13:30 horas: Actuacións musicais, Fhotocall e invitación a chocolate con chaolas.
- 13:30 horas: Fin da xornada escolar e saída dos autobuses.
As clases reanudaranse de novo o xoves 7 de marzo no seu horario habitual.
O alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC de Latín asisten a unha representación de teatro clásico en Lugo o martes 11-3-19 de 08:30 a 18:00 horas
O alumnado de 3º ESO A asiste a unha charla o luns 11-3-19 de 10:25 a 12:05 dentro do programa Quérote+
O alumnado de 3º ESO b asiste a unha charla o luns 11-3-19 de 12:20 a 14:00 dentro do programa Quérote+
O alumnado de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 14-03-19 12:20 a 13:10 a unha charla co título "En campaña electoral pola antigua Roma"
O alumnado de 4º ESO A, de 12:20 a 13:10 horas, e de 4º ESO B, de 13:10 a 14:00 horas, ten unha charla a cargo de membros da Armada o mércores 20-3-19