Eventos
O venres 22 de setembro de 2017 o alumnado de 1º da ESO realiza unha visita á explotación mineira de Landoi invitados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia para conmemorar o Día Europeo dos Minerais. Primeiro tiveron unha charla e unha proxección sobre cómo se extrae e para qué se utiliza a dunita, despois realizaron un percorrido pola canteira, debidamente protexidos, e para finalizar foron agasallados cuns aperitivos para repoñer forzas. De esta actividade fíxose eco o diario La Voz de Galicia o sábado 23 de setembro de 2017.
O alumnado de 2º ESO realiza unha visita ao Museo Etnográfico de A Capela e ao CEIP de Mosteiro de Caaveiro en donde practicaron distintos xogos baixo a supervisión do alumnado do centro.
O Concello de Cariño organiza, para todo o centro, unha charla con Simone Saibene, director e guionista da película Pelerinaxes o luns 9 de outubro de 2017 de 16:00 a 17:40 horas.
A película Pelerinaxes narra o camiño que fixeron en 1927 Otero Pedrallo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido e está inspirado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.
Tamén se proxectou material fotográfico relacionado coa rodaxe do filme que o autor ía explicando aos presentes.
O alumnado de 1º de ESO A desdobre ten unha charla sobre novas tecnoloxías o día 16 de outubro de 2017 de 12:20 a 13:10 na aula de Usos Múltiples
O alumnado de 2º de ESO A ten unha charla sobre acoso escolar o día 16 de outubro de 2017 de 13:10 a 14:00 na aula de Usos Múltiples
O alumnado de 3º de ESO PMAR ten unha charla sobre novas tecnoloxías o día 19 de outubro de 2017 de 13:10 a 14:00 na aula de Usos Múltiples
O alumnado de 1º de ESO A ten unha charla sobre novas tecnoloxías o día 20 de outubro de 2017 de 11:15 a 12:05 na aula de Usos Múltiples