Eventos
O luns 16 de novembro todo o centro celebramos o magosto con degustación de castañas asadas e participación en xogos populares.
O pasado martes 17 de novembro o alumnado de 1º de ESO, acompañados por profesoras dos Departamentos de Bioloxía e de Orientación, desprazouse a San Cibrao e Burela para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”.
En San Cibrao visitaron o museo provincial do mar e coñeceron o traballo de Paco Frá, o carpinteiro de ribeira da vila (único na Mariña Lucense) e, pola tarde, desprazáronse até Burela para visitar a súa lonxa. |