Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Outubro 30, 2013
Start: 30/10/2013 10:10
End: 30/10/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca.

Disfraces e concurso de sobremesas:

·         1º recreo, exposición de sobremesas e valoración do xurado 

·         2º recreo, fallo do xurado e entrega de premios  

Día: Mércores 30 de outubro de 2013.

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os 2 recreos. 

Lugar: A biblioteca.

Venres Novembro 15, 2013
Start: 15/11/2013 09:22
End: 15/11/2013 09:22

QUE É O MAGOSTO PARA TI? 

 Hai uns días fixéronme unha pregunta, algo no que non reparara nunca, pero que forma parte dos meus costumes. A cuestión foi a seguinte: que é para ti o Magosto?
Para min o Magosto era un día de outono no que comíamos castañas na escola xunto aos nosos compañeiros e profesores, pero o Magosto é algo máis ca iso.

 Esta festa realizábase coa recollida deste froito en agradecemento á colleita recibida. Só se celebra en determinadas zonas do norte de España, onde a castaña foi a base da alimentación nos seus antepasados.

 Hoxe en día, adoitamos celebralo nos días comprendidos entre o 1 de novembro e o 11. Ademais de comer castañas asadas, tamén degustamos outros alimentos como chourizos, ou viño para os máis maiores.

 Pois como vedes, hoxe descubrín porque os galegos celebramos esta festa, e o que significaba para os nosos devanceiros. 

 E para ti, para ti que é o Magosto?

 

Carmen Ramonde Mera, 4º ESO

Luns Novembro 25, 2013
Start: 25/11/2013 10:10
End: 25/11/2013 12:25

Actividade do departamento de Francés.

Celebración da Sainte Catherine (Santa Catarina) mediante un concurso de sombreiros de cores predominantes amarelo e verde, e representativos da personalidade dunha moza.

Horario: 

          1º recreo: exposición e valoración de sombreiros

          2º recreo: fallo do xurado e entrega de premios.

Día: luns, 25 de Novembro de 2013. 

Grupos: 4º ESO (alumnos que cursan Francés).

Lugar: biblioteca do instituto.



Distribuir contido


by Dr. Radut