Campionato de robótica na EEI de Vigo
Os equipos do IES Auga da Laxe JANAX Team de 1º de Bacharelato formado por Javier Comesaña, Alex Torres, Nicolás Yagüe e Ángel Carrera e Excalibur de 2º da ESO de Noa Hermida, Manuel Loureiro, Sara Denís e Lucía Domínguez obtiveron o 2º e 4º posto nas súas respectivas categorías. Debemos lembrar que este torneo é a nivel de Galicia con mais de 150 equipos que participaron provintes de todos os recunchos da nosa Comunidade Autónoma.
Parabéns a JANAX Team pola súa magnífica actuación ao acadar o 2º posto na categoría de bacharelato e ao equipo Excalibur polo 4º posto acadado na categoría de 1º e 2º da ESO e tamén por lograr o mellor tempo de toda a competición na proba do barrendeiro.
|