Skip to Content

Libros de texto

Resolución definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO (2024-2025)

Libros de texto IES A Sangriña

Segundo establece a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o vindeiro venres 26 de xullo publicaranse, no taboleiro situado na entrada do centro, as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO.

O reparto dos libros de texto farase ao inicio de curso, nun día e horas que se determinarán en canto comecen as clases.

Resolución provisional do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO (2024-2025)

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

Segundo establece a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o vindeiro venres 12 de xullo publicaranse, no taboleiro situado na entrada do centro, as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO.

O prazo para a presentación de reclamacións finalizará o xoves 17 de xullo.

Ante a necesidade de aclaracións para solventar dúbidas, prégase ás familias que se poñan en contacto coa Vicedirección do IES A Sangriña.

Lembramos que se trata dunha resolución provisional, motivo polo que as listaxes definitivas, que se publicarán a finais do mes de xullo, poderán sufrir modificacións.

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025

libros de texto 24 25

Publicamos nesta noticia os libros de texto para o alumnado do IES A Sangriña do curso 2024 - 2025. Nesta listaxe inclúense os materiais para os alumnos e alumnas dos seguintes cursos:

  • 1º de ESO
  • 2º de ESO
  • 3º de ESO
  • 3º de ESO PDC
  • 4º de ESO
  • 4º de ESO PDC
  • 1º de Bacharelato
  • 2º de Bacharelato
  • Ciclo Medio Xestión Administrativa
  • Ciclo medio Electromecánica de Vehículos
  • Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes
  • Ciclo Superior Administración e Finanzas
  • FP Dual Carrozaría

Consulta aquí toda a información.

IMPORTANTE: Deben consultarse as indicacións a pé de páxina para saber que libros só se empregarán só como material de consulta e cales teñen a súa compra condicionada ás indicacións que o profesor ou profesora faga ao inicio do curso.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Fondo libros Sangriña 2024

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros.

PRAZO: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

INFORMACIÓN DE INTERESE:

Distribuir contido


by Dr. Radut