Skip to Content

Libros de texto

Entrega dos libros da ANPA

entrega libros anpa sangriña

Reproducimos a contionuación a información achegada pola Asociación de Nais e Pais do IES A Sangriña:

O repartos de libros para os socios da ANPA que solicitaron o préstamos de libros vaise realizar do seguinte modo:

  • 1 ESO e 4 ESO: martes día 24 de setembro. Horario 18.30 h a 20.30 h
  • 2 ESO e 3 ESO: mércores día 25 setembro. Horario 17.30 h a 20.30 h
  • 1 BACH e 2 BACH: xoves día 26 setembro. Horario 17.30 h a 20.30 h

Por motivos de organización dos libros, e do persoal implicado no reparto é importante adaptarse a estes días. Inda que o xoves, poderán pasar a recoller os libros tamén aquelas familias da ESO que no puideron pasar o día que tiñan asignado.

Só se farán as entregas a adultos da familia, posto que tedes que firmar un documento do préstamo.

Formulario da ANPA para a solicitude de libros de texto

ANPA libros de texto IES A SANGRIÑA

A ANPA do IES A Sangriña puxo ao dispor dos seus asociados e asociadas un formulario de Google para a petición dos libros de textos do banco de libros da ANPA para este cursos escolar.

As solicitudes deben realizarse, en todo caso empregando este formulario e para poder facelo é requisito indispensable ser socio/a da ANPA.

Podedes acceder ao formulario pulsando aquí.

Reparto de libros de texto de 3º de ESO

Reparto de libros de texto de 3º de ESO

O luns 16 de setembro, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 3º ESO no seguinte horario:

  • 10:00 - 10:30- 3º ESO A
  • 10:30 - 11:00- 3º ESO B
  • 11:00 - 11:30- 3º ESO C

Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga. (Na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á vicedirección do centro.

Reparto de libros de texto de 1º e 2º de ESO

entrega libros a sangriña

Entre mañá xoves 12 de setembro e o venres 13 deste mesmo mes, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 1º e 2º de ESO. O día e as horas de recollida serán as seguintes:

1º de ESO - Xoves 12 de setembro:

  • 10:00 - 10:40- 1º ESO A
  • 10:40 - 11:15- 1º ESO B
  • 11:15 - 12:00- 1º ESO C

2º de ESO - Venres 13 de setembro:

  • 10:20 - 11:00- 2º ESO A
  • 11:20 - 12:00- 2º ESO B
  • 12:00 - 12:30- 2º ESO C

Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros, poden autorizar unha persoa maior de idade para que así o faga (na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recolla de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración podedes dirixirvos á vicedirección do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut