Segundo establece a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o vindeiro venres 26 de xullo publicaranse, no taboleiro situado na entrada do centro, as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO.
O reparto dos libros de texto farase ao inicio de curso, nun día e horas que se determinarán en canto comecen as clases.