Skip to Content

Proxecto EpDLab

EXPERIENCIAS "Proxecto EPDLAB. Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento"

Deixámosvos aquí o enlace á revista Convives nº22 - Ciberconvivencia e Cidadanía Dixital, na que a compañeira Gisela González Iglesias conta as experiencias do Proxecto EPDLAB, Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento, que levou a cabo no noso centro e este ano no IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa).

Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento impartido por Agareso

 

O IES A Sangriña da Guarda participou este curso por segunda vez no proxecto EpD_LAB,un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolveu este ano en 5 centros educativos galegos (IES A Cachada de Boito, IES A Sagriña de A Guarda, IES Milladoiro de Ames, IES Carlos Casares de Viana do Bolo e IES Pintor Colmeiro de Silleda) e nunha radio comunicaria de América Central, Itzcanal en O Salvador.

O obxectivo principal de EpD_LAB, que leva a cabo a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) a través do financiamento de proxectos de Cooperación da Xunta de Galicia, é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores. O proxecto traballa na produción de contidos transmedia e novas narrativas ao redor de temáticas sociais, facilitando que tanto alumnado como profesorado fagan un uso activo das TIC, dando a coñecer a súa realidade e establecendo redes de aprendizaxe mutua entre eles.

O traballo desenvólvese a través dunha serie de obradoiros de formación (un mensual durante todo o curso) nos que se traballa a capacitación técnica no uso das ferramentas de creación e publicación de contidos na web, a educación en valores para unha comunicación responsable, inclusiva e que acompañe os procesos de transformación social, a análise das mensaxes que se difunden na web e nos medios de comunicación, desde unha perspectiva crítica e construtiva cara á cooperación e á xustiza social.

No Faro de Vigo

06/12/2016 00:00
08/12/2016 00:00
Etc/GMT+1

Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

Proxecto EpDLab: educación en valores e novas tecnoloxías

Neste curso 2016-2017 o noso centro vai participar por segundo ano consecutivo no proxecto EpDLab (Educación para o desenvolvemento. Laboratorio), financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e coordinado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Nesta ocasión serán o alumnado de 1º de ESO matriculado na materia de ITI (Investigación e Tratamento da Información) o que participará no proxecto, xunto con alumnado de centros de Viana do Bolo, Silleda, Ames e Boiro. Unha vez ao mes visitarannos membros de AGARESO e Gingko (especialistas en novas tecnoloxías na educación), e os rapaces e rapazas aprenderán a manexar programas e aplicacións informáticas e móbiles ao tempo que reflexionan sobre temas coma a desigualdade, a ecoloxía, o racismo etc, e o seu tratamento nos medios de comunicación e na publicidade.

Ao longo do curso, poderanse ver os froitos do traballo na páxina web http://www.epdlab.gal/. A continuación podedes ver o vídeo resumo que Roi e María, membros de Gingko, prepararon sobre o feito no curso pasado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut