Skip to Content

Proxecto EpDLab: educación en valores e novas tecnoloxías

Neste curso 2016-2017 o noso centro vai participar por segundo ano consecutivo no proxecto EpDLab (Educación para o desenvolvemento. Laboratorio), financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e coordinado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Nesta ocasión serán o alumnado de 1º de ESO matriculado na materia de ITI (Investigación e Tratamento da Información) o que participará no proxecto, xunto con alumnado de centros de Viana do Bolo, Silleda, Ames e Boiro. Unha vez ao mes visitarannos membros de AGARESO e Gingko (especialistas en novas tecnoloxías na educación), e os rapaces e rapazas aprenderán a manexar programas e aplicacións informáticas e móbiles ao tempo que reflexionan sobre temas coma a desigualdade, a ecoloxía, o racismo etc, e o seu tratamento nos medios de comunicación e na publicidade.

Ao longo do curso, poderanse ver os froitos do traballo na páxina web http://www.epdlab.gal/. A continuación podedes ver o vídeo resumo que Roi e María, membros de Gingko, prepararon sobre o feito no curso pasado. 



story | by Dr. Radut