Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Exposición Exxperimenta en feminino
Desde o 15 ao 29 de outubro, no edificio da ESO poderase ver a exposición itinerante Exxperimenta en feminino: Mulleres na ciencia, apoiada pola Unidade de Igualdade da UVigo e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Está formada por 14 posters, tipo roll up, sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. A selección de mulleres da exposición abarca desde a investigación básica á aplicada, desde o ámbito galego ao internacional e desde a física á informática. Así, a través dos roll up, o público pode coñecer desde a primeira muller galega (e española) en presentar unha tese no campo da astronomía, ata a muller que deu o seu nome á linguaxe de programación ADA.
Esta mostra ofrece información da física Mileva Maric; da física e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrónoma Antonia Ferrín; da bioquímica Margarita Salgas; da química e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeñeira química Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbióloga Esther Lederberg; da psicóloga e bióloga Linda B. Buck; da química industrial e farmacéutica María José Núñez; da farmacéutica e química Tarsy Carballas; da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno e da química e farmacéutica Teresa Toral.
O obxectivo desta actividade é espertar vocacións científicas nos rapaces e rapazas a través de referentes femininos.
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir