Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Ponte... nas Ondas!, conectando escolas
O pasado luns 13 celebramos o Día da Radio, en compaña de escolas de Galicia e Portugal, grazas a Ponte… nas Ondas!, unha asociación cultural que desde 1995 vén realizando actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.
O IES de Allariz participou en Ponte… nas Ondas! cun programa no que alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais, coa axuda técnica de Carlos, explicaron unha breve historia da radio como medio de comunicación e debatiron logo sobre o futuro deste medio e o uso que os xoves fan en xeral dos instrumentos que están ao seu alcance para comunicarse, informarse e divertirse. Paga a pena escoitar o programa! As e os que falaron no programa estiveron que se saían. Tedes esa oportunidade o sábado 18 de febreiro, sintonizando Radio Allariz (dial 107.2 da FM) a partir das 12 do mediodía.
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir