O pasado día 15 de abril, venres, na vila de Allariz, organizouse unha actividade conxunta entre os <icentros escolares de primaria, a libraría Aira das Letras, o concello de Allariz e a Asociación Allariz c@s refuxiad@s .
Esta actividade consitíu nunha charla de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía xubilado e que acaba de chegar da Illa de Lesbos onde estivo como voluntario durante 5 semanas.
De forma totalmente solidaria, ofreceuse a vir aos centros escolares e ao Fogar do Maior, dar unha charla sobre a súa experiencia.
Ademais, algúns alumnos de bacharelato, fixéronlle unha entrevista en Radio Allariz na que tamén estivo presente o noso compañeiro Pilis, profesor de francés, recén xubilado e tamén o representante en Galicia da Asociación Alhambra Internacional, Francisco Rodríguez.
A actividade organizouse do seguinte xeito:
1. Charla para os rapaces de primaria: 10:30-11:30
2. Charla para os rapaces do instituto: 13:20-14:10.
3. Entrevista en Radio Allariz: 17:00-18:00
4. Charla aberta ao público no Fogar de Maior: 20:00.
Grazas a tod#s os que participastes e fixestes posible esta actividade.