Skip to Content

Novas

SEMANA CULTURAL

             

                                               

Chega de novo a semana cultural ao IES Agra de Raíces, este ano dende o 3 ao 7 de abril, onde o alumnado de todos os niveis participarán en diferentes talleres, coma os obradoiros que ofrece ASPADEX sobre enmarcación, encuadernación e bolsas, os obradoiros científicos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Coruña, obradoiros de medio ambiente con SOGAMA, sesións deportivas con ITF Fisterra e Dafit, un concerto de música, un trivial confeccionado polos alumnos, a proxección do filme “matar a un ruiseñor” cun debate posterior, visitas a BAZARRA e a Fundación Fernando Blanco, charlas con escritores galegos (Jorge Mira, Maria Canosa, Anton Riveiro Coello, Andrea Maceira, Fernando Cimadevila) con organismos publicos (SEPRONA, APEM, proteccion civil, Instituto Galego de Consumo, plan proxecta (Proxecto TERRA, charlas da universidade de Santiago e Coruña
·         Vacinas para o cancro de Oscar Cordero Santamaría
·         Para que serve o urbanismo de Cándido López González
·         As enerxías do mar de Vicente Diaz Casás
·         Podemos falar cas computadoras? Sobre as tecnoloxías linguisticas de Margarita Alonso Ramos
·         Deseño para o outro 90%. Dispositivos baseados na aplicción de conceptos b´sicos de termodinámica de                    Maria pilar Brocos Fernández
·         As matemáticas e as súas aplicacións de Miguel Brocos

E un longo etcétera.

Ver Vídeo

Axudas para actividades de formación do alumnado en linguas estranxeiras 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 para o alumnado. Poderán solicitar estas axudas  o alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia dos curso de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

O prazo de presentación está aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información premendo en    http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21361 

VIAXE A LONDRES DO ALUMNADO DE 4ºESO

Dezaoito alumnos de 4ºESO do IES Agra de Raíces de Cee xunto coa profesora Ana Belén Burgos e o profesor Pedro Márquez, fixeron unha viaxe a Londres dende o 1 ata o 6 de marzo, xusto despois do antroido. Nesa semana fixeron unha morea de saídas e visitas, coma ao museo de Londres, ao Tate Modern, o cambio da garda de Buckimgham Palace, ao Big Ben do Parlamento, á mítica London Eye, Covent Market, á Torre de Londres, un cruceiro ata Greenwich, aos museos de ciencia natural e de historia, Hyde Park, Harrods, etc.

Unha vez rematadas as visitas obrigadas, os rapaces e rapazas desfrutaron do ambiente londinense recorrendo as famosas rúas e prazas como Picadilly, Trafalgar Square, China Town, Soho, Oxford Street. Tamén aprenderon a moverse por Londres en transporte público. En definitiva, uns momentos inolvidables para desfrutar e convivir.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (2017/2018)

PROCEDEMENTO  DE ADMISIÓN  DO ALUMNADO (2017/2018)

PRAZAS VACANTES NO IES AGRA DE RAÍCES

Curso

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1ºBach

2ºBach

Nº Vacantes

27

(9 n.e.e.)

21

27

36

65

23

Presentación de solicitude de admisión: Do 2 ao 20 de marzo

Todo o relativo ao procedemento de admisión  réxese pola orde do 12 de marzo de 2013 (ver orde) e do 25 de xaneiro de 2017 (ver orde

Para solicitar a admisión no noso centro deben entregar no prazo establecido a anexoII (ver anexo II) e o documento de prematrícula que lle será facilitado no centro.

Todo aquel alumno ou alumna que desexe facer a súa reserva de praza ou solicitude de admisión de forma telemática poderá facelo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

O prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo (nos centros onde a demanda de prazas sexa superior á oferta): do 23 de marzo ao 3 de abril.

·        

Cada alumno/a  só poderá presentar una única solicitude de matrícula que deberá ser entregado no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción de esta norma suporá a perda dos dereitos de prioridade.

·        

Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia, para acreditar a súa idade.

·        

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

·        

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva desa praza antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·        

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes o 25 de abril. A partir do día en que se publique a listaxe provisional hai un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

·        

Publicación das listaxes definitivas: antes o 15 de maio

·        

Os centros adscritos ao IES Agra de Raíces son o CEIP Eugenio López de Cee e o CEIP de Dumbría.

 

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso».

Procedemento de Reserva de Praza en centros adscritos e Solicitude de Admisión para o curso 2017/18

Procedemento de Reserva de Praza en centros adscritos e Solicitude de Admisión para o curso 2017/18

 

Prazo de reserva de praza en centros adscritos: do 1 ao 15 de febreiro.

Prazo de solicitude de admisión en centros non adscritos: do 1 ao 20 de marzo

Todo o relativo ao procedemento de admisión  réxese pola orde do 12 de marzo de 2013 (ver orde) e do 25 de xaneiro de 2017 (ver orde

Por tanto o alumnado do CEIP Eugenio López de Cee e do CEIP  Santa Eulalia de Dumbría deberán entregar entre o 1 e o 15 de febreiro no seu centro de orixe o documento de reserva de praza (ver anexo I) e o documento de Prematrícula do noso centro (ver prematrícula) debidamente cumprimentados. Estes documentos lles serán facilitados no seu centro de orixe.

Ao alumnado do IES Agra de Raíces que desexe continuar no centro o vindeiro curso se lle fará chegar os impresos de prematrícula que deberán entregar cubertos antes do 15 de febreiro.

 

O alumnado que proveña de centros non adscritos  deberá solicitar praza no noso centro entre o 1 e o 20 de marzo. Para iso deberá cubrir o impreso de solicitude de admisión (ver anexo II) e tamén o impreso de prematrícula que lle será facilitado no centro.

Todo aquel alumno ou alumna que desexe facer a súa reserva de praza ou solicitude de admisión de forma telemática poderá facelo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza en centros adscritos, publicaremos o número de prazas vacantes no noso centro e toda a información relativa ao proceso de solicitude de admisión que terá lugar do 1 ao 20 de marzo.

 

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Unha vez rematadas as votacións para escoller os representantes no Consello Escolar, procedemos á proclamación dos candidatos elixidos nas distintas votacións realizadas para tal fin.

Profesorado:

    - Dª Isabel Garea Rodríguez

    - D. Antonio Aneiros López

    - Dª María Teresa Llamas López

    - Dª María del Mar Capelo García

    - D. Luis Dosal de Argana

Alumnado:

    -  Clara Lado Río

    - Brais  Cambeiro  Suárez

    - Xacobe Figueira Allo

Pais/Nais de alumnado:

    - Dª Carme Trillo  Lago

    - Dª Mariela Alejandro Canosa

Persoal de administración e servizos:

    -  Dª María Divina Lago Freire

Día contra a violencia de xénero

DÍA  CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES Agra de Raíces conmemora hoxe día 25 de novembro o día contra a violencia de xénero, creando un lazo humano no patio do instituto. Os alumnos e profesores vestían camisetas que eles mesmos pintaron con cores violetas e co debuxo da man, como símbolo de rexeitamento cara esa eiva social. Tamén se colgaron no taboleiro principal bolboretas feitas polo alumnado da materia  de "Valores Éticos" reciclando botellas de plástico, e que representaban a cada una das vítimas que perderon a súa vida este ano por mor da violencia de xénero. Ademais, parte do alumnado concentrouse na praza de Cee ás doce da mañá, dentro das actividades organizadas polo Concello, onde deron lectura a un manifesto.

Por outra banda, ao longo da semana, o IES Agra de Raíces tamén realizou outras actividades extraescolares como a visita dos alumnos de 2º da ESO á fábrica de Cerdeimar en Camariñas, dentro do programa recollido na materia de Promoción de estilos de vida saudable. Alí ensináronlles a fabricación de alimentos ata o seu envasado sendo recompensados cun dos seus produtos recén creados na fábrica. Ademais, aproveitaron para percorrer un dos lugares máis emblemáticos da zona, o faro do cabo Vilán.

 

O departamento de Francés levou ao alumnado de 3º, 4º e 1º de Bacharelato a asistir á obra teatral O Petit Prince (O Principiño) de Antoine Saint-Exupery, en Santiago. A obra tivo moita aceptación por parte dos alumnos, xa que resultou ser moi didáctica e de fácil comprensión.

                                                                                                            

 

 

 

Magosto e Halloween no IES Agra de Raíces

Chega o outono e en Galicia celébrase tradicionalmente a festa popular en torno á recollida das castañas, é por iso que no noso centro o equipo de dinamización lingüística e a vicedirección organizaron o magosto na mañan do martes 25 de outubro.O profesorado do centro fixo que as castañas se asaran de forma doada e a espera foi agradable acompañados de diversas actividades e unha morea de xogos populares.

Nestos días tamen se vai celebrar o Halloween, coa elaboración de cabazas "terroríficas" e de contos de terror, entre outras actividades.


ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

UNHA OPORTUNIDADE DE PARTICIPACIÓN  PARA TODOS E TODAS.

 

Este ano celébranse eleccións ao Consello Escolar.

O Consello Escolar é un órgano de participación moi importante porque permite que os distintos sectores que conforman a comunidade educativa: profesorado, alumnado, familias e persoal de administración e servizos poidan participar na vida do centro a través dos seus representantes.

Por iso, o equipo directivo do IES Agra de Raíces anima a todos e a todas a participar no proceso de maneira activa, a través das súas candidaturas.

Publicamos o calendario cos días e actos, segundo o recollido na resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4/10/2016).

  

 

DÍA

 ACTO

 

25 de outubro

Sorteo público ás 10:10 h dos integrantes da  Xunta Electoral.

 

 

Do 4 ao 11 de novembro

Presentación de candidaturas. Remata o prazo ás 12:00 horas.

 

14 de novembro

 

Proclamación das candidaturas

 

15 e 16 de novembro

 

Reclamación ata ás 12:00 horas á proclamación das candidaturas.

 

 

17 de novembro

 

Proclamación definitiva dos candidatos.

 

Do 15 ao 25 de novembro

Campaña electoral

 

 

28 de novembro

 

Votacións para a elección dos representantes do Consello Escolar

Deberán traer o DNI.

 

30 de novembro

 

Publicacións dos resultados

 

                                                                                Atentamente

      O equipo directivo

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut