Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

UNHA OPORTUNIDADE DE PARTICIPACIÓN  PARA TODOS E TODAS.

 

Este ano celébranse eleccións ao Consello Escolar.

O Consello Escolar é un órgano de participación moi importante porque permite que os distintos sectores que conforman a comunidade educativa: profesorado, alumnado, familias e persoal de administración e servizos poidan participar na vida do centro a través dos seus representantes.

Por iso, o equipo directivo do IES Agra de Raíces anima a todos e a todas a participar no proceso de maneira activa, a través das súas candidaturas.

Publicamos o calendario cos días e actos, segundo o recollido na resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4/10/2016).

  

 

DÍA

 ACTO

 

25 de outubro

Sorteo público ás 10:10 h dos integrantes da  Xunta Electoral.

 

 

Do 4 ao 11 de novembro

Presentación de candidaturas. Remata o prazo ás 12:00 horas.

 

14 de novembro

 

Proclamación das candidaturas

 

15 e 16 de novembro

 

Reclamación ata ás 12:00 horas á proclamación das candidaturas.

 

 

17 de novembro

 

Proclamación definitiva dos candidatos.

 

Do 15 ao 25 de novembro

Campaña electoral

 

 

28 de novembro

 

Votacións para a elección dos representantes do Consello Escolar

Deberán traer o DNI.

 

30 de novembro

 

Publicacións dos resultados

 

                                                                                Atentamente

      O equipo directivo

 

 

 



page | by Dr. Radut