Día contra a violencia de xénero
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O IES Agra de Raíces conmemora hoxe día 25 de novembro o día contra a violencia de xénero, creando un lazo humano no patio do instituto. Os alumnos e profesores vestían camisetas que eles mesmos pintaron con cores violetas e co debuxo da man, como símbolo de rexeitamento cara esa eiva social. Tamén se colgaron no taboleiro principal bolboretas feitas polo alumnado da materia de "Valores Éticos" reciclando botellas de plástico, e que representaban a cada una das vítimas que perderon a súa vida este ano por mor da violencia de xénero. Ademais, parte do alumnado concentrouse na praza de Cee ás doce da mañá, dentro das actividades organizadas polo Concello, onde deron lectura a un manifesto.
Por outra banda, ao longo da semana, o IES Agra de Raíces tamén realizou outras actividades extraescolares como a visita dos alumnos de 2º da ESO á fábrica de Cerdeimar en Camariñas, dentro do programa recollido na materia de Promoción de estilos de vida saudable. Alí ensináronlles a fabricación de alimentos ata o seu envasado sendo recompensados cun dos seus produtos recén creados na fábrica. Ademais, aproveitaron para percorrer un dos lugares máis emblemáticos da zona, o faro do cabo Vilán.
O departamento de Francés levou ao alumnado de 3º, 4º e 1º de Bacharelato a asistir á obra teatral O Petit Prince (O Principiño) de Antoine Saint-Exupery, en Santiago. A obra tivo moita aceptación por parte dos alumnos, xa que resultou ser moi didáctica e de fácil comprensión.