Skip to Content

Procedemento de Reserva de Praza en centros adscritos e Solicitude de Admisión para o curso 2017/18

Procedemento de Reserva de Praza en centros adscritos e Solicitude de Admisión para o curso 2017/18

 

Prazo de reserva de praza en centros adscritos: do 1 ao 15 de febreiro.

Prazo de solicitude de admisión en centros non adscritos: do 1 ao 20 de marzo

Todo o relativo ao procedemento de admisión  réxese pola orde do 12 de marzo de 2013 (ver orde) e do 25 de xaneiro de 2017 (ver orde

Por tanto o alumnado do CEIP Eugenio López de Cee e do CEIP  Santa Eulalia de Dumbría deberán entregar entre o 1 e o 15 de febreiro no seu centro de orixe o documento de reserva de praza (ver anexo I) e o documento de Prematrícula do noso centro (ver prematrícula) debidamente cumprimentados. Estes documentos lles serán facilitados no seu centro de orixe.

Ao alumnado do IES Agra de Raíces que desexe continuar no centro o vindeiro curso se lle fará chegar os impresos de prematrícula que deberán entregar cubertos antes do 15 de febreiro.

 

O alumnado que proveña de centros non adscritos  deberá solicitar praza no noso centro entre o 1 e o 20 de marzo. Para iso deberá cubrir o impreso de solicitude de admisión (ver anexo II) e tamén o impreso de prematrícula que lle será facilitado no centro.

Todo aquel alumno ou alumna que desexe facer a súa reserva de praza ou solicitude de admisión de forma telemática poderá facelo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza en centros adscritos, publicaremos o número de prazas vacantes no noso centro e toda a información relativa ao proceso de solicitude de admisión que terá lugar do 1 ao 20 de marzo.

 



page | by Dr. Radut