Skip to Content

 O día de onte, 25 de novembro, foi especial no noso IES por moitos motivos.

Primeiro, porque despois de semanas de duro traballo organizando actividades, elaborando materiais, convocando concursos, preparando e ensaiando espazos e música (grazas a todos)... chegou o día.

E CHEGOU O DÍA  con letras maiúsculas. Porque comezaron os nervios dende primeira hora coa colocación de lazos á entrada do insti, porque se intuíu a emoción na presentación da pancarta, porque se escapou algunha bágoa na lectura do intenso relato de Belén Paz Allo ("Desnudez"), porque se desataron os aplausos na entrega dos premios aos microrrelatos e carteis, porque se nos puxo un nó na gorxa ao escoitar as frases que pronuncian os maltratadores... e ao intuír o que as mulleres maltratadas poden sufrir, porque nos SENTIMOS UN, UNIDOS CONTRA O MALTRATO ao escoitar aos alumnos de ciclo, ao ver o lazo  e o lema no aparcadoiro, ao gardar o minuto de silencio...

E todos aplaudimos, porque todos merecedes un aplauso,  dende os presentadores ata cada alumno/a de cada etapa educativa, cada profesor/a, cada membro da comunidade educativa que puxo o seu gran de area para que todo resultase emotivamente didáctico. GRAZAS EN MAIÚSCULAS POR PROTESTAR CONTRA O MALTRATO, POR APOIAR AS VÍTIMAS. IES A BASELLA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ama en igualdade

 Se queres ver o álbum de fotos, preme na seguinte imaxe.

mama

Tamén os homes dan a cara para falar das violencias machistas, e son caras coñecidas.

A Coordinadora Galega de ENDL convócanos hoxe, 4 de Novembro, a participar da videoconferencia : "A máquina que constrúe a mente e a realidade", a cargo do neurofisiólogo  Xurxo Mariño.

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Se pulsas na imaxe, poderás ver a charla en directo desde a canle de UDCTV (só no horario da conferencia)

xurxo

 

Onte foi día de curtas na biblioteca! Atréveche a pulsar na imaxe e entra no noso blogue, poderás ver o que fixemos... ou tes medo?
 
 
 

 


 

Detalles do evento: Hoxe ensinan eles

As fotos e o xogo en....

                                  

Comeza un novo curso, e iso implica que temos que adaptarnos a unha nova rutina na que debe primar o estudo. Presentámosvos a continuación un enlace a un artigo publicado polo xornal El Mundo no que se fala da influencia das pantallas que nos rodean no rendemento académico dos nosos fillos. Esperamos que vos guste e sirva para reflexionar.

Peores notas por el abuso de las pantallas

pantallas

 Está a vosa disposición no seguinte enlace a Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares do curso 2014-15

 

Os Departamentos de Francés e Ciencias Naturais do IES A Basella organizaron unha viaxe a Xenebra para coñecer as instalaciòns do CERN. O alumnado de Bacharelato visitou o màis importante centro de investigaciòn en fìsica de partìculas a nivel mundial onde recibiron informaciòn sobre o funcionamento do LHC (gran colidor de hadròns) e os descubrimentos e aplicaciòns derivados dos traballos e investigaciòns realizados no CERN (como o bosòn de Higgs e o desenvolvemento de tecnoloxìas industriais e informàticas como a World Wide Web).
Aproveitaron tamén para visitar a cidade de Xenebra e os seus museos, a sede da ONU na cidade, e facer unha excursiòn à fermosa vila medieval francesa de Yvoire.

CERN

Despois dun parón de varios anos, retomamos a publicación da revista escolar de noso centro: A Batea. Todo isto grazas a intensa colaboración dun equipo de redacción formado por alumnos e alumnas de varios niveis.
Esperamos que o seguinte número teña máis páxinas e colabore casi toda a Comunidade Educativa.
 


O 5 de maio, os alumnos de primeiro da ESO complementaron os seus estudos de Prehistoria coa visita ao Complexo de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Recorren o Centro de interpretación, realizan actividades de caza, frabican recipentes de cerámicas e realizan unha visita guiada aos petroglifos da zona.

Distribuir contido


by Dr. Radut