Skip to Content

Desde este recuncho queremos felicitar a Belén Aragunde polo seu maxistral solo de frauta, acompañada pola Banda de Música de Vilagarcía, que interpretou o domingo 19 de marzo de 2017 no Auditorio de Vilagarcía co gallo da celebración do día do Pai.

Moitos Parabéns.

O día 8 de Marzo con M de muller:

O día 8 de marzo, nun excercicio de autonomía, un comprometido grupo de alumnas de 2º de Bacharelato organizou os actos de reivindicación do Día da Muller Traballadora que, lamentablemente, este ano se vencellou a un grito contra a violencia de xénero.

Todo o alumnado do centro participou coa elaboración de cartaces, proclamas e mesmo nunha enquisa que serviu para pulsar o índice de concienciación sobre o problema entre a comunidade educativa.

Os nosos parabéns a tod@s e adiante coa loita... todos e cada un dos días do ano!

 

 

 

Outro curso máis tivemos unha cita no festival de Entroido no instituto, desde aquí queremos felicitar a todolos participantes, é un gran éxito a gran participación dos grupos da ESO. Vemos que a calidade vai en aumento ano tras ano. 

 

Preme na seguinte imaxe si queres ver as fotos.

 

 

e se queres velo con todo detalle aquí tes o vido acabante de saír do forno...

 

 

Entroido 2017 rapaces 1 from iesabasellaxabier on Vimeo.

Un ano máis, os alumnos de francés do IES A Basella, confraternizaron con Francia para celebrar o día de La Chandeleur. Nesta data, en todos os fogares franceses hai o costume de degustar as deliciosas crêpes, e é por este motivo que os alumnos quixeron invitar ós seus compañeiros, así como ó resto de persoal do centro, a participar da devandita xornada, facendo as crêpes segundo os gustos, pois podían ser salgadas ou doces.

Onte, 18 de xaneiro, estivemos na Coruña todo o día e pasámolo xenial. Os alumnos de 4º de ESO foron ao teatro, a ver "Historia de una Escalera", de Antonio Buero Vallejo, como actividade complementaria do departamento de Lingua Castelá e Literatura, namentras, un grupo de 1º de Bacharelato visitou o Muncyt, onde puideron ver diferentes aparellos destacados na historia da tecnoloxía. Tras unha pausa para a comida, xa pola tarde, todos xuntos fomos ao Aquarium Finisterrae

Se queres ver a galería de fotos, pulsa na seguinte imaxe

Desde o IES A Basella queremos agradecer a todos os que participaron na recollida de alimentos perecedeiros que se realizou no Nadal. Estamos orgullosos do éxito da campaña e da nosa Comunidade Educativa, que demostrou, unha vez máis, a súa solidariedade cos máis necesitados. Os alimentos recolleitos doáronse a Servizos Sociais do Concello de Vilanova de Arousa

nadal

 

Outro ano máis achéganse unhas datas entrañables para todos. Desde o IES A Basella, este curso, desexámosvos un Bo Nadal e un próspero aninovo con esta postal interactiva feita en Scratch pola alumna de 2º de ESO Uxía Trapote

 

 

Este mes é o mes da Ciencia en galego, e na biblio temos moitas novidades: Concursos, experimentos, divulgación... Anímate, entra na nosa biblioteca e participa

    biblio    cabeciña

 

 

Co gallo da celebración das xornadas polos dereitos humanos do presente curso no IES A Basella, a comunidade educativa ten á súa disposición unha exposición de cartaces sobre a Declaración Universal sobre os Dereitos Humanos ata o día 17 deste mes. Así mesmo o venres 18 de novembro terá lugar o acto indicado no cartaz.

 

Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares 15/16

No seguinte enlace accederás a unha relación das Actividades Complementarias e Extraescolares que se realizaron no nosos Centro durante o curso 2015/2016.

Distribuir contido


by Dr. Radut