Skip to Content

 

Con motivo da VIII edición do festival da francophonie, o alumnado de toda Galicia reúnese nun marco de intercambio e irmandade entorno á cultura, a língua e a música francófonas. Ademais das representacións musicais do alumnado, actuará un coro francés grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Embaixada Francesa. Apadrinará o evento José el francés

Parabéns a Ricardo Ramos Suárez (1º bach B),  Irene Castro Núñez (1º bach B),  Francisco J. Cardama Santiago (1º bach A) e Pablo García García (3º ESO A) polos magníficos resultados acadados no Campeonato de España 2016 de KENPO, celebrado en Blanes (Girona). Trouxeron para casa as seguintes medallas:
-Fran: bronce en combate continuo
-Ricardo:ouro en combate ó punto,  prata en combate continuo, prata en kata de equipos e bronce en kata de man baleira.
-Irene: prata en kata de man baleira, prata en armas, prata en kata de equipos e bronce en defensa persoal.
-Pablo: ouro en armas, prata en combate continuo, prata en combate ó punto e prata en kata de man baleira.

 

Un ano mais o IES A Basella estivo presente na final nacional do concurso Young Business Talents,  representado polo equipo CRIIM (Alba Santos, Laura Castrelo, Carolina Álvarez e Iván Nogueira).

Nesta edición participaron mais de 9000 alumnos, divididos en 2500 equipos de 547 centros educativos de toda España. O concurso desenvólvese dende o mes de novembro ata marzo, tomando decisións todas a semanas sobre  xestión dunha empresa virtual.

Na final nacional, que tivo lugar en Madrid,  o pasado 7 de abril, competiron os 100 mellores equipos de España (11 deles galegos), distribuidos en 20 simulacións. O equipo CRIIM logrou gañar a súa simulación e obter 400 €. En canto á clasificación xeral obtivo o décimo quinto posto, dun total de 2500 equipos participantes. Parabéns a Alba, Laura, Carolina e Iván.

Deixamósvos as fotos de noso equipo e en un vídeo da competición.

     

 

 

Sabedes que temos unha páxina web nova na biblioteca? Queremos mantervos informados de todas as actividades que facemos e das novidades que tedes ao voso alcance.

Así que, pasade sen chamar, entrade, temos un recuncho de lectura para vós… Só tedes que premer nos enlaces da barra lateral na sección de biblioteca desta páxina.

 

 

 

 

Entre os días 12 3 e de 17 de marzo, o alumnado de 2º ESO puido gozar dunha viaxe de estudos polo Cantábrico.

Correron e suaron nun partida de laser tag ( paintball laser), gozaron das vistas e paisaxes que nos ofrece a nosa costa (Concejo de Suances) e fixeron unha auténtica viaxe no tempo: estiveron no medio de dinosauros (MUJA), compartiron pinturas e caza cos nosos antepasados (Atapuerca), comprobaron como foi evolucionando a especie (Museo da evolución humana, Museo da tortura) e con ela a arte, desde o prerrománico (Santa María del Naranco, San Miguel de Lillo) ata a arquitectura máis moderna (Museo Guggenheim_Bilbao e centro Modoo _Calatrava_ de Oviedo) sen esquecer o gótico máis representativo desta zona (Catedral de Burgos e León)

E tamén probaron algunha larpeirada coma os carbayóns en Oviedo, os riquísimos xeados da Heladería Regma de Santander ou a quesada de Santillana del Mar, mentres ían apuntando as súas observacións e sensacións nunc aderno de viaxe.

 

imagen

Parabéns ás dúas alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro (Noelia Feijoo e Ruth Vidal), premiadas no XXII Certame de Adhesivos que convoca a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés da que formamos parte.

Celebraremos o vindeiro 7 de Abril o acto de entrega de premios deste certame no noso centro e contaremos coa actuación do Discurshow e o espectáculo MatematicaMENTE.

Estades todos/as convidados/as á celebración.

 

No IES A Basella celebramos o venres 1 de abril a Xornada dos Dereitos Humanos 2016 cunha charla de Susana Muíños Paz, activista polos dereitos humanos de Amnistía Internacional (Vigo) e profesora de Ensino Secundario. Falou de "Muller e publicidade" amosando na súa análise da linguaxe publicitaria a violencia simbólica agochada no tratamento do corpo feminino.Asistiu o alumnado de 1º de bacharelato que o desexou.

O noso apreciado alumno Javier Saborido Teira lofgrou o premio da ESO ao esforzo e á superación persoal. Sentimos o orgullo de saber que unha dura loita obtivo a merecida recompensa.

Javier, desexamoste moita sorte no teu camiño e esperamos que este premio sexa o motor que te axude a seguir loitando e a superar obstáculos que poidan presentarse

Noraboa!!

Preme na imaxe para ver a nova no telexornal

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa Javier Mariño Villadamigo (1º bach A), autor de "Odisea" e Miriam Rodríguez Somoza (1º bach B), autora de "Océano",  figuran entre os catro nominados, na categoría de menores de 16 anos, ao 2º premio do concurso de microrrelatos “Primeiro as persoas, despois as fronteiras” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 31 de marzo na Fundación Abanca de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Podedes ler os seus textos premendo na seguinte imaxe:

Como cada ano, este pasado 2 de febrero celebramos no instituto a Candelaria. Coa axuda das profes de francés e o alumnado de Bacharaleto, todo o centro puidemos degustar unhas crèpes que estaban realmente exquisitas! Isto sérvenos, ademais, para acercarnos un pouco máis á cultura tradicional francesa.

Preme na imaxe para ver todas as fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut