Skip to Content

Os nosos alumnos, nominados ao premio do concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional.

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa Javier Mariño Villadamigo (1º bach A), autor de "Odisea" e Miriam Rodríguez Somoza (1º bach B), autora de "Océano",  figuran entre os catro nominados, na categoría de menores de 16 anos, ao 2º premio do concurso de microrrelatos “Primeiro as persoas, despois as fronteiras” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 31 de marzo na Fundación Abanca de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Podedes ler os seus textos premendo na seguinte imaxe:



page | by Dr. Radut