Skip to Content

A NASA convocou á xente de todo o mundo a se facer unha autofoto (selfie) e compartila nas redes sociais coa etiqueta #GlobalSelfie para crear un mosaico mundial con motivo da celebración do Día da Terra.


Dende o IES A Basella quixémonos sumar a esta iniciativa cunha actividade puntual en 2º de ESO, así que, a primeira hora da mañá saímos rumbo á praia do Terrón e nos fixemos un selfie de grupo. Esta actividade pretende, tal e como ven sucedendo dende que se instaurou o día da Terra en 1970, que tomemos conciencia dos problemas de superpoboación, contaminación e conservación da biodiversidade que temos na actualidade.

A NASA sinala que os datos dos seus satélites, que captan novas imaxes da Terra cada segundo, axudan aos seus científicos a xerar unha imaxe clara do noso planeta dende o punto de vista científico e a comprender mellor os problemas que ten o noso planeta para buscar solucións. Pero no Día da Terra a axencia quería xerar unha imaxe distinta, unha colección de autorretratos, coñecidos en inglés como "selfies" , para crear un mosaico único da xente que habita o noso planeta.

Se queres ver os nosos "selfies" pulsa na imaxe

selfie

 

Se queres ver a páxina da NASA pulsa aquí
 
Se queres ver todos os "selfies" de Google Plus feitos no mundo seguindo esta iniciativa pulsa aquí

Javier Saborido de 3ª DIV redactou, con algunhas aportacións de Alba Nogueira, este texto sobre a visita da clase a Santiago de Compostela o pasado 28 de xaneiro:

Chegamos a Santiago sobre as 9.30, ás Cancelas, e camiñamos baixo o diluvio universal ata o Museo do Pobo Galego, no convento de San Domingos de Bonaval. Alí visitamos o Panteón dos Galegos Ilustres, percorremos o museo e paseamos polo Parque de Bonaval, un antigo ceminterio.

 A nosa seguinte parada era a Catedral de Santiago. Entramos pola cripta e fomos visitar os tellados, que estaban un tanto esvaradizos e case todos nós camiñabamos con tanto coidado que pareciamos velliños. Vimos a torre Berenguela ou do Reloxio, o mosteiro San Martiño Pinario e explicaronnos a historia da catedral. Finalmente, entramos na catedral e percorrímola por completo. Tamén visitamos o sepulcro do Apostolo. Baixamos á praza do Obradoiro e comezamos un paseo por todo o casco antigo da cidade para, por último, percorrer a alameda.

Tras unha impaciente espera baixo a choiva, na que Xulián case tolea porque non viña o bus, collemos o autobús que nos deixou de novo nas Cancelas. Comemos alí e tivemos un tempo libre para ir de compras mentres esperabamos o autobús que nos trouxo de volta a Vilanova, terminando así esta incrible visita a Santiago. Se podo, repito, porque é unha experiencia que se vive poucas veces na vida.

Preme na seguinte imaxe para ver tódalas fotos:

Santiago

Presentamos a colección de fotos do festival do "Entroido A Basella 2014".

 


O 3 de febreiro os alumnos de francés celebraron “le jour de la Chandelaire”. Durante toda a mañá os alumnos de 1º e 2º de bacharelato obsequiaron con crêpes de xamón e queixo, Nutella, flan… a profesores e alumnos. Debido ao éxito, durante toda a semana, houbo unha degustación de crêpes nas aulas do instituto.

Este martes 18 de Febreiro, un ano máis, participamos na convocatoria provincial da V Olimpiada Galega de Xeoloxía. 
O alumno Nicolás Rey, conseguiu a mellor puntuación na categoría individual de 4º de ESO e recibiu un pequeno agasallo.
Parabéns a todos e todas por participar!
 
olimpiada 1    olimpiada 2 
 
  Nico

amnnistia

Fai "click" na imaxe para ver a galeria

Aquí está a reportaxe gráfica do acto a favor dos DEREITOS HUMANOS celebrado con motivo da entrega do 1º premio do Certame de audivisuais da Rede de escolas de Amnistía Internacional de España. Os nosos compañeiros e compañeiras ( Laura Piñeiro, Laura Chazo, José Antonio Váquez, Pedro Pavía, Fran Vázquez, Nerea Cuesta, José Luís Pérez Charlín, David Padín, José Antonio Nine, Tamara Dopico, Antía Otero, Alexia Caterina Piñeiro, Raquel Fernández dos Reis, Sara Piñeiro, Adrián Paz, e Javier Martínez Rey) fixeron un traballo magnífico sobre unha das maiores manifestacións de inhumanidade no mundo: a explotación da infancia como nenos e nenas soldado.

Tamén coñecemos, grazas a Carlos Sanguino e Toñi (responsables da rede de escolas de A.I en Madrid) e Toni ( de Vigo) os obxectivos e métodos de traballo de Amnisitía Internacional.

Finalmente falou para nós Rosaliano Riascos, líder afrodescendente de poboación desprazada desde o ano 1998, Vicepresidente da Asociación Nacional de Afrocolombianas Desprazados, “AFRODES”, no departamento de Cundinamarca e delegado no Comité de Regulamentación e Avaliación do Risco –CRER- do Ministerio de Interior e de Xustiza. Rosaliano está en España grazas á protección de Amnistía Internacional, que o sacou de Colombia hai dous anos. Os seus padecementos empezaron ao ser fusilado xunto con varios veciños do seu pobo por non querer abandoar súas terras. Unhas terras no punto de mira do narcotráfico para a ampliación dos cultivos de coca. Por sorte salvou a vida e comezou unha actividade de denuncia que o levou a estar en perigo e ter que saír de Colombia. O seu relato serviu para que o alumnado de primeiro de bacharelato fixese unha serie de preguntas sobre a temática e amosase unha sensibilidade ante o tema realmente madura: Parabéns a todos e todas!

A primeira semana de novembro organizamos actos relacionados co día da Ciencia en galego:

O alumnado de bacharelato elaborou cartaces nos que puidemos ver as biografías dos homenaxeados (Fuller, Díaz Pardo e Nightingale) e tamén explicaron experimentos de ciencia aos máis pequenos. O alumnado de 2º de ESO presentou os  seus primeiros proxectos de Tecnoloxía e explicáronnos os principios físicos de funcionamiento dos mesmos. Tamén, puidemos sacar fotos a mostras e preparacións co noso microscopio para smartphone.

Se queres ver todas as fotos da exposición pulsa na siguiente foto:


 

Por outro lado, organizamos un concurso de fotografía matemática. Dentro de nada publicaremos as fotos gañadoras.
 

 

Ademais, o día 12 deste mesmo mes, e continuando coas celebracións do IV Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha videoconferencia na que Jorge Mira nos falou de Como medir distancias e tamaños da Terra, o Sol e a Lúa.  Actividade organizada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística para todos os centros de Secundaria. 
 

 

 Acto de Entrega do Primeiro Premio do Concurso de audiovisuais da rede de escolas da sección española de Amnistía Internacional

amnistia

Este ano sairemos á rúa a buscar motivos matemáticos na natureza e o mobiliario urbano para logo participar coa nosa foto "tuneada" matematicamente no Concurso de Fotografía Matemática e o 4 de novembro poderemos coñecer enxeños tecnolóxicos da man do alumnado de 2º da ESO, aprenderemos algo máis da obra dos homenaxeados deste ano (Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale) a través dos cartaces elaborados polo alumnado de 1º de Bach, e os maiores do insti levarán aos pequenos ao laboratorio para experimentar coa ciencia en galego.

Diaciencia

  Se queres coñecer máis sobre os homenaxeados pulsa neste enlace do noso blog Basellafala

Distribuir contido


by Dr. Radut