Skip to Content

Benvidos ao curso 2013 2014, desde hoxe mesmo iremos publicando distintas entradas no blog sobre as actividades que imos  facer no Instituto

 

encerado

Pulsade na seguinte imaxe e veredes as actividades extraescolares que fixemos no presente curso escolar.

Document

parabéns

 

Queremos felicitar aos alumnos e alumnas de 4º ESO A polo seu traballo que gañou o Primeiro Premio do I Certame de Audiovisuais de Amnistía Internacional: "Nenos e Nenas Soldados"
Dous días de preparación do guión, outros dous de gravación no instituto e algún máis de montaxe deron lugar a unha peza inspiradora, emotiva e impactante na súa sinxeleza. Como curiosidade diremos que as testemuñas que se escoitan no vídeo son rigorosamente certas, o que incrementa a súa crueza en contraste coa inxenuidade dos xoguetes infantís que se mostran. Felicitamos ós alumnos que realizaron o audiovisual por un traballo profundo e sentido.

Para conmemorar o Día dos Océanos, o alumnado de 1ºESO saíu recoller lixo na praia do Terrón, nada menos que 71 Kg de plástico en algo máis de unha hora!!!

Comprometámonos a que isto cambie.

Se queredes ver as fotos premede na seguinte imaxe:

Os alumnos de francés de 3º, 4º E.S.O e 1º BAC realizamos do 13 ao 21 de marzo unha viaxe de estudos a Bordeaux, Paris e Poitiers.

Foi unha experiencia inolvidable que permanecerá na nosa memoria ao longo das nosas vidas. Á parte de practicar a lingua francesa, coñecemos a súa cultura, quedamos encantados coas súas comidas como a quiche, a galette, a crêpe de nutella.

 Con este vídeo queremos que vos fagades unha idea da nosa extraordinaria estancia en Francia.

paris


Fotografía en curso e un proxecto de traballo docente sobre a imaxe e o seu contorno. Ademáis da fotografía, traballouse o son e o cine como medio que recolle estos dous xeitos de expresion artística. Participaron: Alumnos-as de 4º da ESO dos departamento de Música, Plástica e Xabier Marqués (Dep. Inglés).

Espazos sonoros. Imaxe e son.  Fotografía e Cine.   Blog do proxecto "Fotografía en Curso".       

Preme na imaxe para ver a galería.

         

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo do concerto da cantante e compositora Sés, que tivo lugar no auditorio da Illa de Arousa o día 30 de Abril. Asistimos os dous IES de Vilanova xunto co da Illa de Arousa, o que fixo que se enchera o local.
No vídeo mestúranse fragmentos das cancións con pasaxes dos ocurrentes comentarios da artista, que fixeron as delicias de todos vós…
Gustaríanos que non só recordases as súas  cancións ou  bromas, senón tamén algúns dos consellos que, sobre todo vós, rapazas,  puidestes escoitar.

Por certo, temos que dicirvos que tivestes un comportamento excelente, que resultou unha experiencia moi agradable e estamos dispostos a levarvos a calquera outra actividade.

Sés 2 from Xabier Marques on Vimeo.

O 3 de maio o alumnado da ESO do I.E.S. A Basella e outros membros da comunidade educativa participaron na Carreira Solidaria convocada pola O.N.G. Save the Children coa finalidade de recadar fondos para axudar aos nenos e nenas da rexión do Sahel, que son vítimas dunha seca que ameaza a uns 18 millóns de persoas.  Obtivemos 330, 60 € e unha enorme satisfacción por poder contribuír un pouquiño a paliar as súas necesidades.

Pulsade na seguinte imaxe para ver a galería

save the children

Celebrouse o día 19 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o II Encontro de alumnos de música de ensinanza secundaria de Galicia, organizado por ASOMUSICA, no que participaron 15 institutos chegados dende toda Galicia.

O departamento de música do IES  A BASELLA considerou importante participar nel,  polo que de socialización, estímulo académico e artístico ten nos alumnos a participación nestes eventos. Unha nutrida  e cualificada selección de 38 alumnos de todos os cursos onde se dá a materia de música (2º ESO ata 1º BACHARELATO incluídos), participou con gran éxito interpretando O RAPAGALO, un mix dunha creación rapeira con letra das alumnas de cuarto de ESO, Haizea Compañ e Noelia Núñez , que falaba das inquedanzas dos mozos nestes tempos que corren, mixturado cunha adaptación da cantiga tradicional O GALO do mítico grupo de gaitas, OS CAMPANEIROS de Vilagarcía da Arousa, amosando que modernidade e tradición poden darse a man e crear novas linguaxes artísticas (o tema deste ano do encontro era A MÚSICA GALEGA  en todas as súas acepcións, variantes, épocas e estilos). Despois da actuación , varios dos centros participantes desprazámonos ao Parque Natural do Carreirón, na Illa de Arousa, para un xantar de pícnic.

Tanto a actuación artística como o comportamento dos participantes na actividade  foi impecable e xa estamos todos contando as horas para poder volver participar no terceiro encontro o vindeiro curso. Dende o departamento de música, só felicitar e darlle as grazas  aos  alumnos participantes , ao centro por apoiar a iniciativa  e á profe Uxía Nogueira, que xentilmente nos acompañou na xornada.

Se queredes ver a galería de imaxes pulsade no seguinte collage

 

Encontros

Desde Dinamización TIC do IES A Basella presentamos un vídeo que consideramos interesante e que completa a charla "Os perigos das novas tecnoloxías" organizada polo departamento de Orientación e enmarcada dentro do "Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar"

Dita charla foi impartida no noso centro o pasado 23 de abril por un dos responsables do equipo de investigación tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, José Torres Meira.

Se tedes fillos, ou traballades con nenos e/ou adolescentes, non podedes deixar de velo, xa que aborda este delicado tema con moita obxectividade. Trata o asunto desde un enfoque moi positivo, sen esquecer os perigos que, por suposto, entraña. Tal e como di Luis García Campos, psicólogo e orientador educativo, “é algo que nos toca vivir e non podemos mirar para outro lado senón que temos que acompañar os nosos fillos e alumnos, aínda que nos custe un certo esforzo”.

Son algo máis de veinte minutos, pero merecen a pena.

 

 

 

Adolescentes y Redes Sociales from Roberto Monseco Montes on Vimeo.

NOTA: “Adolescentes y redes sociales” é una producción de Lynx video para CEAPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut