Saltar navegación

O Postimpresionismo

O Postimpresionismo

Entre as últimas décadas do século XIX e os primeiros anos do século XX desenvólvese a obra dalgúns dos máis grandes mestres da arte contemporánea como Cézanne, Gauguin, Van Gogh, Seurat ou Toulouse Lautrec. Son artistas que parten do Impresionismo, pero a súa obra evoluciona en diferentes direccións adquirindo unha entidade propia, ao mesmo tempo que na súa produción aparecen distintos trazos que, en boa medida, serán a orixe do desenvolvemento das vangardas do século XX.

O termo de Postimpresionismo tense empregado para aludir a estes pintores, aínda que este non responde a un movemento definido. A súa acuñación débese a Roger Fry, en 1910, con motivo dunha exposición celebrada en Londres que recollía obras de Cézanne, Gauguin e Van Gogh.

A referencia ao Impresionismo, na que algúns participaron, a súa superación ou negación, é o único factor común a todos eles.