Saltar navegación

O aparello dixestivo

A nutrición

A nutrición consiste básicamente no aproveitamento dos nutrientes que nos proporcionan os alimentos que comemos.

Na nutrición humana interveñen catro aparellos:

  1. Aparello dixestivo: Transforma os alimentos que tomamos en nutrientes.
  2. Aparello respiratorio: Proporciona o osíxeno necesario para oxidar (queimar) os nutrientes e recolle o CO2
  3. Aparello circulatorio: Traslada os nutrientes recollidos no intestino e o osíxeno recollido nos pulmóns ata cada parte (célula) do corpo.
  4. Aparello excretor: Limpa o sangue dos restos de nutrientes e outras sustancias de refugallo producidas na dixestión.

Órganos do aparello dixestivo

De Mariana Ruiz (Dominio público)


O aparello dixestivo é o órgano encargado de transformar os alimentos que tomamos en sustancias máis sinxelas de xeito que poidan ser absorbidas polo corpo.

Partes:

  • Boca: Por donde entran os alimentos. Na boca, os dentes ocúpanse da mastigación. A lingua detecta os sabores e  facilita a  deglutición.
  • Farinxe: E un tubo que comunica a boca co esófago, a larinxe e as fosas nasais. Pertence polo tanto ao aparato dixestivo e ao respiratorio. Ten uns 13 centímetros.
  • Esófago: Vai da farinxe ata o estómago. Non é un simple tubo. A comida non cae pola gravidade, senón que se despraza polos movementos das paredes do esófago. 25 centímetros de conducto.
  • Estómago: É unha bolsa que tén uns 25 centímetros de largo por 12 de diámetro. Cando os alimentos chegan ao estómago son atacados por un ácido moi forte, ácido clorhídrico, degradando as proteínas para que poidan ser absorvidas no intestino.
  • Intestino delgado: Pode ter ata 7 metros de lonxitude. É un conducto delgado (2-3 centímetros de grosor) no que o corpo absorbe os nutrientes.
  • Intestino groso (Colon): Máis gordo e corto que o intestino delgado, pode ter uns 6 cm de grosor e algo máis de 150 centímetros de lonxitude. O intestino groso ocúpase de absorber  a auga dos nutrientes e almacenar as sustancias de refugallo ata encher o colon descendente.
  • Ano: É un esfínter. Un músculo en forma de anel que regula a expulsión das feces, defecación. Cando a parte descendente do colon se enche, actívase un mecanismo de aviso ao cerebro para que o ano facilite a saída dos excrementos.