Saltar navegación

A dixestión

O proceso dixestivo. Glándulas e zumes.

No proceso dixestivo podemos observar distintas etapas segundo o tránsito dos alimentos.

  1. By Mariana Ruiz LadyofHats (Dominio público)
    inxestión dos alimentos: mastigamos e tragamos os alimentos
  2. dixestión: procesamos os alimentos no estómago e no intestino para a aproveitar os nutrientes
  3. absorción: no intestino pasan os nutrientes ao sangue
  4. defecación: expulsamos os restos de alimentos non aproveitados

Segundo os alimentos van transitando, vanse axercer unha serie de accións mecánicas e químicas que os transformarán para facilitar a súa absorción e aproveitamento.

Accións mecánicas como a mastigación e trituración dos alimentos na boca, ou os movementos das paredes do esófago, estómago e intestinos para obrigar o desprazamento dos nutrientes.

Accións químicas como os ataques dos distintos zumes para degradar os alimentos.

Zumes dixestivos:

  • Saliva: Segregada na boca polas glándulas salivares. Xunto co alimento triturado forma o bolo alimenticio.
  • Ácidos e zumes gástricos: Segregados polo estómago. Descompoñen principalmente as proteínas. Tansforman o alimento nunha sustancia chamada quimo.
  • Zume pancreático: Fai posible a dixestión dos azúcres. Elabórao o páncreas e incorpórase aos nutrientes tan pronto como pasan ao intestino delgado.
  • Bile: É producido polo fígado e intervén actuando sobre as graxas, nada máis chegar ao intestino delgado.
  • Zumes intestinais: O intestino delgado tamén segrega zumes que facilitan e colaboran na dixestión, absorción e tránsito do quimo ao intestino groso.

A dentición

De Renee1137 (CC BY)


A boca e a entrada do aparato dixestivo. Nela atópanse os dentes incrustados na mandíbula e no maxilar. Son os encargados de triturar os alimentos.

A dentición empeza sobre os seis meses de idade. Saen os primeiros dentes, ata completar as vinte pezas das dentición primaria ou dentes de leite.

A partir dos seis ou sete anos empezan a caer as primeiras pezas provisionais que serán sustituídas pola dentición secundaria ou definitiva,

Normalmente aos doce anos xa se completou a dentición adulta con 32 pezas de dentes:

8 incisivos , 4 caninos ou cairos, 8 premolares e 12 molares.