Contidos e actividades
Este recurso educativo consta dos seguintes contidos:
1-Información sobre o aparello dixestivo do corpo humano: partes, como funciona, enfermidades, alteracións e coidados.
2-Dúas fichas de traballo para a túa libreta,
3-Tres grupos de actividades interactivas sobre o aparato dixestivo para facer non teu ordenador ou tablet.
Podes empezar por calquera parte, pero recomendámosche unha lectura previa para desenvolvelas dun xeito máis doado.
Para facer as actividades interactivas recomendamos suprimir o menú e así dispoñer dunha pantalla máis grande, simplemente premendo en "menú".
Poderás progresar na aplicación mediante as frechas superiores .
As actividades interactivas dispoñen dun informe de avaliación individual segundo os resultados que obteñamos, ao que podemos acceder simplemendo premendo na icona que se localiza na barra lateral dereita das actividades interactivas.