Saltar navegación

Tacto e saúde

Alteracións do sentido do tacto

O sentido do tacto é sumamente importante. Os demais sentidos dependen directamente del. Ademáis permitiranos disfrutar de múltiples sensacións agradables, ( o calor do sol, a brisa do vento, as caricias dun ser querido,...) pero ademáis alertaranos de innumerables perigos vitais (unha temperatura ou frío excesivo, un ambiente contaminado, un obxecto cortante ou punxente, ...).

A pel é un órgano vital para o organismo xa que informa ao sistema nervioso de calquera agresión externa mecánica, térmica ou química.

Poderiamos prescindir doutros sentidos, pero non sobreviviriamos sen o sentido do tacto.

Alteracións do sentido do tacto:

Seguramente escoitaches a palabra anestesia. Significa a ausencia de sensacións na zona anestesiada. Pode ser a pel ou calquera órgano.

  • Hai persoas que teñen dificultades para percibir sensacións táctiles, outras son incapaces de recibir esas sensacións e tamén hai quen ten un sentido do tacto esaxerado.

Probablemente che receitasen algunha vez que estiveses doente un analxésico ou calmante para a dor. Hai quen podería no precisalo:

  • Concretamente coa sensación de dor, hai persoas especialmente "insensibles", que o soportan sen problemas ou nin siquera perciben dor, por moito dano que lle poidan facer. Sofren de analxesia.

Problemas da pel

Acne: Súfreno a maioría dos e das adolescentes. A pel da cara cúbrese de grans e espiñas por inflamación das glándulas sebáceas. Ti tamén o podes padecer.

Queimaduras solares: Por unha exposición ao sol sen protección. Poden derivar nun melanoma ou cancro de pel.

Verrugas: Rugosidades duras  producidas por un virus na superficie da pel.

Urticaria: Reacción alérxica da pel que provoca grans e ronchas. Moi común na infancia, provocada por un alimento, unha pranta ou por tocar animais.

Pé de atleta: infección producida por fungos na planta dos pés. Ambientes húmidos como piscinas ou vestiarios, ou calzado sen airear,  son propicios para os fungos.