A pel: órgano do sentido do tacto
A pel é o órgano do sentido do tacto. Recubre todo o noso corpo, polo que podemos dicir que é o órgano máis grande dos sentidos e do corpo.
Divídese en tres capas:
- Epiderme: é a capa superficial, a que podemos ver exteriormente. Contén un pigmento chamado melanina, que da cor a pel, ao pelo e ao iris dos ollos.
- Derme: Capa intermedia da pel. Contén as glándulas sudoríparas e as glándulas sebáceas. Tamén se atopan na dermis os corpúsculos táctiles que se encargan de recoller as distintas sensacións do sentido do tacto.
- Hipoderma: é a capa interior de tecido adiposo, o seu maior compoñente é a graxa.
O pelo e as unllas tamén forman parte da pel, teñen unha función protectora, pero non teñen terminacións nerviosas para detectar sensacións táctiles. Cando cortamos as unllas ou o pelo non sentimos dor.
O suor sae ao exterior polos poros da pel. É un líquido, producido polas glándulas sudoríparas que se atopan na dermis e na hipoderma, algo graxoso e semellante a urina. Temos máis de 500 poros por centímetro cadrado.
Cada pelo dispón dunha glándula sebácea asociada que segrega unha sustancia sebosa que lubrifica o pelo e a pel manténdoa húmida e flexible.
A pel está bañada por miles de capilares sanguíneos, arterias e veas moi delgadiñas, nos que se produce o intercambio de osíxeno, nutrientes e sustancias de refugallo.
Das distintas sensacións táctiles, textura, presión, frío, calor, dor... encárganse as miles de terminacións nerviosas superficiais libres e os corpúsculos táctiles.
Imprime, recorta e pega a ficha na libreta.
Colorea as capas da pel e pon os nomes correspondentes a cada un dos 12 números.