Dor, frío, calor, suavidade, presión ...
O sentido do tacto é o encargado de detectar as sensacións de frío, calor, dor, presión... que teñen os corpos cando entramos en contacto con eles.
A pél é o órgano do sentido do tacto e conta cuns receptores específicos para cada percepción.
Percibimos sensacións táctiles por toda a superficie da pel, pero hai zonas máis sensibles que outras. Labios, pálpebras e xemas dos dedos son especialmente sensibles. | ||
A pel ten, segundo a zona do corpo, de medio milímetro (0,5mm) ata catro milímetros (4mm) de grosor. As palmas das mans e as plantas dos pés son as máis grosas.
A pel do corpo humano ten máis de catro millóns de receptores, entre corpúsculos e terminacións nerviosas libres.
Os corpúsculos son pequenas cápsulas que conteñen grupos de células específicas para determinadas sensacións.
As terminacións nerviosas libres, son simples terminacións de células.
Corpúsculos de Meissner : Son os encargados de transmitirnos a textura da superficie dos corpos que entran en contacto con nós, a súa suavidade ou aspereza, informándonos da forma e tamaño. Atópanse en áreas moi sensibles como labios, xemas de dedos, palma de man... Especialmente onde non hai pelo.
Corpúsculos de Paccini : Infórmannos do grao de presión que sentimos na pel, permitíndonos saber a consistencia e dureza dos obxectos, así como o seu peso. Localízanse na zona profunda da pel, sobre todo nos dedos das mans e dos pés. Distribuídos pola pel temos máis de cento cincuenta mil receptores de presión.
Corpúsculos de Ruffini : Son receptores de calor. Detectan cando hai variacións de calor por encima da temperatura corporal. Especialmente sensibles son as contrapalmas das mans. Na pel contamos aproximadamente con uns dezaseis mil corpúsculosde Ruffini.
Corpúsculos de Krause : Perciben a sensación de frío que se produce cando entramos en contacto cun corpo o nun espazo a menor temperatura que nós. Dispoñemos de máis de cento cincuenta mil receptores de krause.
Terminacions nerviosas libres: Son os receptores máis sinxelos e numerosos. Máis de catro millóns distribuídos por todo o corpo.. Atópanse na epidermis e están especializados nas sensacións de dor. Cando as sensacións de frío, calor ou presión son extremas, transfórmanse en sensacións de dor.
Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org |