Saltar navegación

O oído humano

O oído externo

Iain at the English Wikipedia (CC BY-SA)


Consta de dúas partes:

  • Orella ou pavillón auditivo: Recolle os sons externos.

Algúns animais mamíferos son capaces de orientar o pavillón auditivo para poder recoller mellor o son. Os cans ou os burros, poden facelo.

  • Conduto auditivo externo: Leva os sons recollidos pola orella ata o oído medio.

O oído medio

Iain at the English Wikipedia (CC BY-SA)


Consta dunha cadea de osiños que unen o tímpano co caracol, e que se atopan na cavidade do tímpano.

  • Tímpano: membrana que vibra debido ao sonido que lle chega polo conduto auditivo externo.
  • Martelo: as vibracións do tímpano fan mover ao martelo, que despraza a bigornia.
  • Bigornia: O seu desprazamento fai mover o estribo.
  • Estribo: O seu movemento golpea ao caracol na ventana oval.
  • Cavidade timpánica: É o espazo no que se atopa a cadea de osiños do oído medio.
  • Trompa de Eustaquio: é un conduto que comunica o oído medio coas fosas nasais. A trompa de Eustauquio intenta manter a presión no oído medio, para que non explote a cavidade timpánica por un exceso de ruído.

O oído interno

Iain at the English Wikipedia (CC BY-SA)

O oído interno consta das seguintes partes:

  • Caracol: o caracol ten unha ventá na que golpea o estribo. Eso fai vibrar dentro do caracol uns cilios (peliños) que transmiten sensacións ata o nervio auditivo que as transmite ao cerebro e alí interprétase o son.
  • Canais semicirculares: interveñen no equilibrio, trasladando ao cerebro mediante os nervios correspondentes as sensacións de verticalidade, inclinación, horizontalidade....
  • Nervio auditivo: Comunica o caracol co cerebro trasladando os impulsos auditivos.
  • Outros nervios: Comunican os canais semicirculares co cerebro para indicarlle a sensación de equilibrio que notan.

Partes do oído

1-Pavillón auditivo externo - orella

http://fr.wikipedia.org/wiki/Fichier:OreilleHumaine.png. OreilleHumaine.png (CC BY-SA)


2-Conduto auditivo externo

3-Tímpano

4-Martelo

5-Bigornia

6-Estribo

7-Caracol

8-Canais semicirculares

9-Nervio vestibular

10-Nervio auditivo

11-Trompa de Eustaquio

12-Cavidade timpánica