Saltar navegación

Coidados do oído

Hixiene, protección, coidados...

Polas mañáns cando te duches non esquezas de lavar as orellas con auga e xabón. Logo procura deixar seco o oído externo.

Non deberías usar pauciños de algodón para limpar os oídos. Podén empuxar a cera ata o tímpano ou mesmo perforalo.

Protéxete do vento e de ruídos fortes ou violentos. O frío pode crearche unha otite. Un ruído excesivo incluso perforación do tímpano.
Non poñas música, a televisón,....moi alta nin acerques demasiado o teléfono ao oído. Pode provocarche perda de sensibilidade no sentido do oído ou mesmo xordeira parcial.
Despois de nadar ou mergullarte debes secar ben os oídos. Mesmo podes usar tapóns protectores de silicona.
Vixila os teus oídos e acude ao médico. Un/ha otorrinolaringólogo/a farache un audiograma para medir a túa sensibilidade auditiva.
As persoas con xordeira, especialmente de nacemento, teñen dificultades no só para oir senón tamén para falar. A mellor maneira de comunicarse é a linguaxe de signos.
Imaxes:Sergio Palao (CC BY-SA)