Saltar navegación

Defectos do sentido do oído

Xordeira, otite, vértigo,...

Apuntamos algúns dos problemas que pode ter o sentido do oído:

Xordeira: é a pérdida da capacidade de oir total ou parcialmente.

Pode ser debida a un golpe, a estar expostos a ruídos moi intensos durante moito tempo, a medicamentos que danaron o nervio auditivo, infeccións internas mal curadas,...

O xordeira pode ser un defecto hereditario.

Otite:Inflamación no oído externo ou no medio.

A inflamación do oído medio é normalmente producida por bacterias que chegan ao oído dende a larinxe a través da trompa de Eustaquio.

Un catarro pode dar lugar a unha otite dado que os virus que causaron o resfriado poden chegar ata o oído a través da trompa de Eustaquio e afectar ao tímpano e posteriormente ao oido externo.

Pode provocar un dolor intenso dos oídos.

Vértixe: soe producirse  por unha infección no oído interno, dado que os canais semicirculares son os encargados de informar do equilibrio ao cerebro.

Cando sufren vértixe, as persoas senten que o mundo xira ao seu redor e  temen perder o equilibrio.

Cerume: A pel do conduto auditivo externo ten unhas glándulas que segregan unha sustancia viscosa que protexe o oído de po, insectos, bacterias ou infeccións.

A acumulación indebida de cerume ou a presencia deste no tímpano pode afectar á audición. O cerume pode crear un tapón que afectará seriamente a percepción de sons.

Licenza: CC BY-SA