Saltar navegación

O ollo humano

O ollo por fóra

Sergio Palao (CC BY-SA)

Cella: Protexe o ollo da suor da fronte.

Pálpebra: Pel exterior que cubre o ollo cando está pechado.

Péstana: Pelos que protexen o ollo do po.

Lágrima: líquido que humedece a córnea.

Esclerótica: Branco do ollo.

Iris: Capa que da cor ao ollo.

Pupila: Orificio no iris que deixa pasar a luz ata o cristalino. Ábrese ou péchase tendo en conta a cantidade de luz no ambiente.

Córnea: Capa curva transparente que cubre o iris e a pupila.

O globo ocular

Globo ocular: O ollo humano por dentro.

Observa as súas partes.

Talos. Eyeschememulitlingual.svg (CC BY-SA)


1-Esclerótica: Branco do ollo.

2-Coroide

3-Lágrimas

4-Orificio lacrimal

5-Córnea: Capa dianteira transparente

6-Iris: Cór dos ollos

7-Pupila: orificio no iris polo que entra a luz.

8-9:Humor acuoso. Líquido que rechea a cámara anterior do ollo.

10-15: Músculo e ligamento ocular

11: Cristalino: Lente que se adapta para refractar as imaxes na retina.

12: Humor vítreo: Xelatina transparente que rechea o globo ocular.

13: Retina: Capa que recibe as imaxes e as traslada ao nervio óptico.

14: Nervio óptico: Traslada as imaxes da retina como impulsos eléctricos ata o cerebro onde son interpretados.