Saltar navegación

Defectos do sentido da vista

A miopía

É un defecto da visión que consiste en que o ollo non e quen de levar a imaxe ata a retina, deixándoa antes, polo que se ve borrosa,

Pode ser porque o cristalino non se adapta ou que o ollo se alargou moito.

Gumenyuk I.S. - https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Myopia_and_lens_correction.svg (CC BY-NC-SA)

Como se pode ver na imaxe, o coche no ollo dun miope non se proxecta na retina, polo que se ve borroso.

Poñendo unhas gafas (lentes convexas) ou unhas lentillas arréglase o problema, trasladándose a imaxe ata a retina.

Hipermetropía

E un defecto contrario a miopía. O ollo percibe as imaxes pero proxéctaas detrás da retina. 

A. Baris Toprak MD.Vectorized byCryptWizard (CC BY-SA)

O ollo non e capaz de poñer a imaxe sobre a retina e só coa axuda dunha gafas (lentes cóncavas) e capaz de ver correctamente.


Presbicia, cataratas, glaucoma....

Presbicia: Tamén chamado vista cansada. É debido a que o cristalino perde elasticidade e non se adapta especialmente as distancias cortas. Pode ser tamén culpa dos músculos ciliares que non estiran ou encollen o cristalino.
Aos 40 anos pode empezar a presentarse a presbicia.

Soluciónase empregando gafas de cerca. Tamén hai gafas bifocais e progresivas, que permiten ver ben de cerca e lexos.

Cataratas: Ocurre cando o cristalino se volve opaco, perde tranparencia, ocasionando vista borrosa.

Frank C. Müller, Baden-Baden (CC BY-SA)


Soluciónase sustituíndo o cristalino por unha lente intraocular.

É frecuente en persoas maiores de 60 anos.