Saltar navegación

Que é?

ACTIVIDADES NA NATUREZA?

Son aqueles deportes que teñen un

contacto directo coa natureza e onde o

obxectivo  é vencer os obstáculos

presentados por ela.

Actividade
Pencho Campos. Actividade Nat (CC BY-NC-SA)

No colexio ou escola non son moitas as actividades que normalmente podemos practicar dentro da

área de EF, pero si podemos acceder a estas experiencias a través das saídas extraescolares, que 

facemos coas outras aulas do noso nivel ou tamén con outros cursos.

Por Exemplo. Títulos de Saídas.

a) Excursión a illa de Arousa para facer ruta en kayak pola mañá e ruta en BTT pola tarde co

     alumnado de 5º e 6º.

b) Viaxe de fin de etapa de primaria a esquiar.

c) Convivencia nun parque de aventura  para practicar escalada, tiro con arco, etc ...con nenos

    doutro centro.

Reflexión

Nas Actividades na Natureza é moi importante ter en conta varias Medidas que nos darán maior seguridade e calidade na experiencia da nosa actividade proposta.