Saltar navegación

Actividade

Actividade despregable

Esta semana no colexio, imos experimentar actividades que están en contacto coa natureza. Trátase dunha excursión que nos vai levar unha semana e  onde imos percorrer diferentes puntos da nosa comunidade autónoma. Pernoctando cada día nunha zona diferente.

Elixe segundo a clasificación das actividades na natureza o medio onde acontecen, cada unha das actividades que van desenvolver estes nenos de quinto e sexto.

Comeza a nosa viaxe!!!

O luns comezamos a nosa andaina polo camiño de Santiago que nos vai levar ata Padrón. Alí colleremos un tren que nos levará ata Vilgarcía de Arousa, onde nos estarán esperando tanto o bus como os nosos amigos da empresa de piraguas. Comeremos na praia de Carril e logo de escoitar as instrucións e recomendacións para andar en kayak, emprenderemos o noso rumbo cara a illa de Cortegada. Alí nos faremos unha carreira de orientación ,  onde quizais a actividade máis chula foi cando fixemos Snorkel , xa que na proba de orientación tiñamos que localizar tres seres vivos que se atoparan no fondo do mar. Logo regresamos en kayak á praia outra vez, onde nos estará esperando o autobús para levarnos ao Albergue das Sinas.

O segundo día toca madrugar, xa que imos aproveitar o perfil chan que ten a ría de Arousa para coller as bicicletas dende o albergue e marcharnos todos ata a Illa de Arousa , alí rodearemos toda a Illa coas nosas bicis , e remataremos no Parque Natural do Carreirón onde faremos unha actividade para observar as diferentes especies que se atopan no mesmo .

Xa a media tarde retornaremos nas bicis cara o albergue para asearnos e marchar en autobús para o Grove. Aquí toca durmir no Albergue de A Lanzada. O día aínda non rematou xa que nos teñen preparado un bonito e duro recibimento. Auga froita e un súper bocata para meter nas nosas mochilas, ver que as nosas lanternas están cargadas ou teñen luz e comezar unha andaina nocturna e ascender cara o Mirador que se atopoa no máis alto do monte do Siradella, para observar a noite de lúa chea que se nos ofrece.

Espertou o día cun Sol amarelo, estamos facendo moitas cousas, pero o noso corpo comeza a estar un pouco canso, así que hoxe o grupo vaise dividir en dous.

Un marcharase pola mañá á praia da Lanzada, onde lle esperan actividades de Surf, Body Board e Paddle Board,  e os outros dirixiranse polo sendeiro pegado á estrada, , á zona do observatorio que hai no Complexo Intermareal Umia- O grove - A Lanzada,  para contemplar as diferentes aves da zona, .

Levamos tres días preto do mar e os profes  vannos dar un xiro radical a nosa viaxe aventureira. Ás 6 da tarde collemos o autobús e cerca de tres horas de viaxe nos levan a durmir a Manzaneda, a nosa chegada é moi tranquila e practicamente está todo escuro porque xa é de noite, só nos ilumina a lúa chea. Cal é a nosa sorpresa que con esa luz e a das nosas lanternas debemos en grupos de 4  montar as tendas de campaña, , para durmir nelas estas dúa últimas noites.

Ao día seguinte pola mañá agárdanos outra sorpresa, os nosos monitores para hoxe saltan dende un helicóptero e aparecen en paracaídas, , cando aterran  cóntannos un pouco máis sobre este  deporte e o importante que é ter todo o material preparado e revisado.

Aínda que a tempada de ski acaba de rematar e xa estamos metidos na primavera, subíronos á cima da montaña no telesilla. Alí vimos como quedaban as últimas pingas de neve que nos permitíu facer baixadas de trineo, (Actividad de Neve).  Foi unha moi boa experiencia xa que moitos nenos nunca a viran nin a sentiran.

Xa no último día coma fin de festa non estivo nada mal, tivemos varias actividades simultáneas: rapell,  tirolina e circuíto por pontes tibetanas .

Pola tarde desmontamos as tendas e cargamos todo no autobús para regresar a nosa casa co recordo de haber vivido unha gran experiencia, pero cunhas gañas tolas de durmir na nosa cama e cear coa nosa familia para contarlle todo o vivido.

Habilitar JavaScript