Saltar navegación

Actividade

Contesta sobre as Actividades na Natureza

Tendo en conta o esquema anterior, imos contestar a estas preguntas marcando a que vexamos conveniente.

Pregunta 1

1- Practícanse dentro da propia aula.

Pregunta 2

2- Debemos planificar a actividade antes de facela.

Suxestión

Lembra que a Natureza pódenos facer unha mala pasada, (cambio de tempo, presencia de animais, etc ...)

Pregunta 3

3- Non debemos ter en conta o material da actividade.

Suxestión

Hai actividades que requiren un material específico .

Por exemplo,  se imos en piragua ou kayak debemos levar roupa que se poida mollar e roupa para despois cambiarnos.

Pregunta 4

4- Permítenos mellorar a nosa motricidade.

Suxestión

Sempre dalgunha forma estamos facendo actividade física e isto beneficia as nosas caracterísiticas motrices e a nosa saúde.

Pregunta 5

5- Fainos máis solidarios cos nosos compañeiros de actividade.

Suxestión

Axudo sempre a persoa que teño ao meu lado, si se cae axúdolle a levantarse, si ten sede cédolle a miña auga, etc.

Pregunta 6

6- Con estas actividades melloro e aumento as relacións sociais.

Suxestión

Dánsenos situacións onde ao meu lado sempre aparece alguén que reúne moitas características similares ás miñas e isto favorece a nosa comunicación e afinidade.

Pregunta 7

7- A maioría das actividades sempre provocan aburrimento e obrigatoriedade.

Pregunta 8

8- Coa súa práctica melloramos a nosa motricidade.

Suxestión

Temos xogos de saltos, carreiras, lanzamentos, etc ...

Pregunta 9

9- Son actividades que fomentan e potencian  o intento de superación.

Suxestión

Auméntanos a autoestima, xa que o feito de practicala e facela fainos sentir mellor con nós mesmos.

Pregunta 10

10-  Improvisar  e ver o que nos pode acontecer é básico nas actividades na natureza.

Suxestión

Debemos levar planificado o máximo posible da nosa actividade.