Skip to Content

Oferta educativa | Ensinanza Secundaria presencial | Formas de Avaliación e Criterios de Promoción

 

Avaliación

A avaliación de cada ámbito será continua, polo que estará integrada no proceso educativo de todo o curso e o profesorado non baseará a cualificación final nunha proba única. As faltas reiteradas ás actividades de formación son motivo de perda do dereito de avaliación continua nos seguintes casos:

  • Nun ámbito, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar a un determinado ámbito supere o 10% do horario establecido.
  • En todos os ámbitos, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 30% do horario establecido para todos os ámbitos, áreas ou materias.

(ver Normas de Convivencia)

Para o alumnado que ó remate do curso no obteña a avaliación positiva, o Centro establece de forma oficial un calendario de probas finais de recuperación globais, na segunda quincena de xaneiro, para o primeiro cuadrimestre e na primeira quincena de xuño, para o segundo cuadrimeste (ver Exámes a continuación).

O alumnado que tras a avaliación final ordinaria teña algún ámbito avaliado negativamente e sen promover, poderá presentarse para realizar a avaliación extraordinaria en maio, para o lº Cuadrimestre, e no mes de setembro, para o 2° Cuadrimestre.

En todo caso, o alumnado non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado ese mesmo ámbito no módulo inferior.


Criterios de Promoción

  1. O alunado que cursa durante o primeiro cuadrimestre os módulos 1 ou 3 promocionará ao módulo seguinte (2 ou 4) se ten todos os ámbitos aprobados.
  2. O alunado que curse durante o primeiro cuadrimestre os módulos 1 ou 3 e non sexa promovido en algún dos ámbitos ao módulo seguinte deberá asistir durante o segundo cuadrimestre ás clases de recuperación ou repaso establecidas no centro para cada ámbito de coñecimento. O alunado será avaliado destes módulos na avaliación extraordinaria de abril/maio.
  3. Aqueles alunos/as que teñan un ou dou ámbitos pendentes de módulos inferiores poderán asistir a todas as clases do módulo superior (2 ou 4) no segundo cuadrimestre, figurando como provisionais neses ámbitos do módulo superior, sempre que cumprir ademais as seguintes condicións:
    • Que o motivo de non superar os ámbitos non sexa falta de interese: exames en branco, non realización de actividades propostas polo profesorado, faltas inxustificadas.
    • Que mostren unha actitude positiva.

  4. No caso de que o resultado da avaliación na convocatoria extraordinaria de abril/maio fose positiva nos ámbitos  pendentes, o aluno/a formalizará nesas datas a súa matrícula dos ámbitos do módulo correspondente (2 ou 4) e poderá ser avaliado destes en xuño, sempre que teña asistido con regularidade ás clases correspondentes.

  5. Non poderán matricularse nen asistir ás clases do módulo superior no segundo cuadrimestre aqueles alunos/as que teñan pendentes todos os ámbitos, debendo asistir ás clases recuperación para poder ser avaliados do módulo suspenso na convocatoria extraordinaria de abril/maio. Aínda que nesta convocatoria superasen todos os ámbitos, xa non poderán matricularse nos do módulo superior para seren avaliados en xuño.



page | by Dr. Radut