Normas de convivencia para o alunado da ESA presencial
- A asistencia ás clases con puntualidade e a participación nas actividades de aula son obrigas básicas para os alunos/as que optan por esta modalidade de ensino.
- As faltas de asistencia reiterada ás actividades de formación son motivo de perda do dereito de avaliación continua nos seguintes casos:
-
Nun ámbito, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 10% do horario establecido para ese ámbito.
-
En todos os ámbitos, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 30% do horario establecido para todos os ámbitos, áreas ou materias.
- Son tamén obrigas do alunado:
- Respeitar o dereito ao estudo dos compañeiros/as
- Seguir as orientacións do profesorado na actividade académica.
- Non dificultar a compañeiros/as e profesores/as o desenvolvimento das actividades da aula.
- Non facer uso de aparatos de audio, video e telefonía móbil no interior do espazo académico.
- Coidar e utilizar correctamente os bens, materiais e instalacións do centro e respeitar as pertenzas dos demais.
- Non esquecer a prohibición de fumar en todo o recinto escolar segundo a normativa vixente.
- Reparar ou pagar os danos causados e, no seu caso, repor os bens sustraidos. No suposto de menores de idade os pais ou tutores legais serán responsábeis.
- Poderán ser obxecto de corrección os actos no recinto escolar, nas actividades complementarias e extraescolares e todos os motivados ou relacionados coa vida escolar e que afecten aos membros da comunidade educativa.
- Neste edificio hai outros organismos e actividades educativas (CEFORE, UNED, EOE), polo que é imprescindíbel manter actitudes de orden e respeito aos demais e aos seus tempos de traballo.
As conductas contrarias ás normas de convivencia poderán ser corrixidas coas seguintes medidas:
-
Apercebimiento que un profesor fai a un aluno/a.
-
O titor terá constancia destes apercebimentos que comunicará aos pais en caso de menores.
-
A partir do primeiro apercebimento escrito por parte de calquer profesor, o titor fará comparecer o aluno/a ante o xefe de estudos, quen valorará os feitos e imporá se procede as sancións que se contemplan nos apartados c, d, e, f do Art. 48º do R.D. 732/1995.
A segunda comparecencia ante o xefe de estudos supón que a conducta do aluno/a poderá ser sancionada polo Consello Escolar, que delega na Dirección para que esta aplique as sancións contempladas nos apartados g, h do Art. 48º do R.R. 732/1995.