Skip to Content

Blogues

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

Publícase na app admisionalumnado da Consellería de Educación o listado provisional de admitidos nesta escola para o vindeiro curso 2022-2023.

Comunicamos que todas as solicitudes presentadas en prazo están admitidas.

As solicitudes realizadas fóra de prazo teñen que esperar ao ditame da comisión de escolarización e as listas definitivas.

Segundo a normativa vixente non se publicarán listados no exterior do centro.

Os proxenitores solicitantes poderán, se o desexan, ver o estado da súa solicitude na citada app co código facilitado previamente e a Chave365 ou Certificado Dixital.

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

 

No Consello Escolar do pasado 1 de Abril, entre outros asuntos, aprobouse a solicitude de comedor para esta escola e aprobáronse as modificacións as Normas de Organización e Funcionamento (NOFs).

Estas normas son similares ás anteriores. De cara ás familias e a efectos prácticos volvemos a pechar á porta da escola as 9:25. Isto modifica o punto 2.1 do Plan de Adaptación á Situación Covid. Dada a situación actual e o número de nenos e nenas non é preciso alongar mais do necesario o tempo de entrada.

É moi importante á puntualidade na entrada para unha correcta integración do alumnado no grupo e nas rutinas de inicio de actividade.

A partires de agora recuperamos o documento de Xustificación de Impuntualidade polo que cando haxa un retraso na entrada por calquera motivo, o adulto acompañante deberá rexistrar por escrito o motivo dese retraso.

Tamén recuperaremos o documento de Xustificación de Saída adiantada empregando o mesmo procedemento do anterior para todo o alumnado que deba deixar a escola antes da saída.

O documento actualizado das NOFs o tedes na lapela Documentos 2021-22 que está na columna á esquerda

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2022-2023.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 1 ao 21 de marzo.

Cada alumno/a presentará unha única solicitude na que pode solicitar praza nun máximo de 6 centros por orde de preferencia.

Os formularios de solicitude Modelo ED550B (Anexo II) están dispoñibles en galego castelán

Pódese acceder tamén no seguinte enlace a partir do día 1 de marzo  e cumprimentar online na aplicación:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (ruta Solicitudes>Admisión>Crear) ou ser descargados e cubertos manualmente. Poderán tamén ser recollidos na secretaría da escola.

A entrega da solicitude e documentación pode facerse:

DOCUMENTACIÓN a presentar:

1.Solicitude , Modelo ED550B (Anexo II), cuberta e firmada. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás familias monoparentais ou en situación de violencia de xénero.

2.Fotocopia do DNI /NIE do alumno/a ou ben do libro de familia.

3. Para optar por unha praza de NEAE  achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

No caso de presentarse máis solicitudes que prazas vacantes abriríase un prazo de 10 días para a presentación voluntaria de outra documentación para baremar.

 

Prazas ofertadas

  • 4ºEI (3 ANOS): 22 PRAZAS DE ACCESO LIBRE E 3 PRAZAS PARA NEAES (necesidade específica de apoio educativo). Nenos e nenas nacidos no ano 2019
  • 5ºEI (4 ANOS): 4 PRAZAS. Nacidos no ano 2018
  • 6ºEI (5 ANOS): 4 PRAZAS. Nacidos no ano 2017

Ao remate do prazo as listaxes de admitidos e excluídos poderán consultarse na aplicación admisionalumnado  (co certificado digital ou Chave365) e/ou no interior da escola.

Posteriormente realizarase a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 20 ao 30 de Xuño.

Pódese consultar información detallada e a normativa correspondente a todo o proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono da escola, 616466312, en horario lectivo e no correo electrónico eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

As familias que desexen coñecer á escola poden solicitar unha cita por teléfono ou correo electrónico

SAÍDA AO PAZO DA ÓPERA

 

No Consello Escolar do pasado 3 de febreiro aprobouse a modificación do punto 15 da Programación Xeral Anual co obxecto de permitirnos saír do recinto escolar para actividades formativas.

O vindeiro luns 21 acudiremos ao Palacio de la Ópera de A Coruña para asistir ao concerto “La vuelta al mundo en menos de una hora” . Iremos en autobús dende a escola durante o horario lectivo.

 

OBRADOIRO SOBRE TECNOLOXÍA EN ARTEIXO

O vindeiro xoves 17 de febreiro terá lugar no centro Arteixo Innovación unha charla coloquio para familias dirixido por D. Antonio Rial Boubeta, profesor e investigador da Universisade de Santiago, sobre o emprego das tecnoloxías (móbil, tablet, consolas...) por parte dos nenos e adolescentes e o seu control.

Este obradoiro está organizado polo Centro de Formación e Recursos do profesorado xunto cos centros educativos do concello e o propio Concello de Arteixo.

Para asistir hai que enviar un correo a educacion@arteixo.org

https://arteixo.org/o-espazo-educa-regresa-a-arteixo-para-abordar-coas-familias-as-claves-para-educar-na-era-dixital/

 

 

COVID NOS CENTROS ESCOLARES

As autoridades sanitarias veñen de facer algunhas modificacións na atención aos casos de infección por Covid 19 nas aulas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

As informacións relativas ás dúbidas mais comúns están nun documento chamado "Preguntas frecuentes sobre a xestión epidemiolóxica nos centros educativos" que podedes consultar aquí:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/preguntas_frecuentes_protocolo_xaneiro_19012022.pdf

Lembramos que se se detecta un caso de infección entre o alumnado teñen que ser as familias as que o comuniquen ao teléfono Covid (881540045) ou ao seu pediatra ou médico de familia. 

Os servizos sanitarios informarán á escola das incidencias. Calquera medida ao respecto será tomada polas autoridades sanitarias, en ningún caso polo equipo docente.

Sempre agradecemos que nos manteñades informadas e que a comunicación sexa fluída. Calquera dúbida que teñades estaremos a vosa disposición en AbalarMóbil, nos correos da escola e, en horario lectivo, no teléfono da escola 616466312.

RESERVA DE PRAZA PARA O CEIP DE GALÁN

Comenza o proceso de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Este prazo é para as nenas e nenos que rematan a súa etapa de Educación Infantil na nosa escola e que desexen realizar os estudos de Ed. Primaria o vindeiro curso 2022/2023 no noso centro adscrito, CEIP de Galán.

O prazo de reserva abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Os impresos de solicitude poden cubrirse online ou manualmente:

ONLINE: Na aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ seguindo os seguintes pasos: SOLICITUDES - RESERVA - CREAR.

Unha vez cuberta, podese imprimir, asinar manualmente e entregar na EEI de Vilarrodís-Oseiro (centro educativo de orixe) para o seu rexistro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do procedemento Administrativo Común. Pódese asinar dixitalmente e enviala vía a SEDE ELECTRÓNICA (para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital)

MANUALMENTE: Pódese imprimir a solicitude da aplicación mencionada (ou solicitar unha na escola), cubrila manualmente e entregala de volta.

 

Ante calquera dúbida consultade na escola.

 

Mais información e normativa aplicable no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

Información sobre o proceso xeral de escolarización neste enlace:  https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

 

 

FELICES FESTAS!

O equipo de mestras da escola desexavos unhas moi felices festas!!! 

Grazas pola vosa confianza e apoio!

Pouco a pouco iranse subindo aos blogs de aula, biblioteca e instagram da escola informacións e imaxes sobre as actividades nos últimos días da escola. Esperamos que podades compartir grandes momentos cos vosos fillos e fillas nestas vacacións e que a saúde vos acompañe. 

 

POSTAIS SOLIDARIAS

Un ano mais colaboramos coa asociación de comerciantes de Arteixo na campaña de Postais Solidarias. Os nenos e nenas da escola estiveron a elaborar postais que pasarán a decorar un establecemento adherido. Estas postais poden intercambiarse por un alimento non perecedoiro. O establecemento onde estarán as postais da escola é a Viñoteca O Refuxio, no número 6 do Paseo do Balneario.

 

Mais información da campaña aquí:

https://ccaarteixo.com/nova-edicion-das-postais-solidarias/

 

 

25N. CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Mañá, no día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado da escola asistirá a unha sesión de contacontos de temática igualitaria durante o horario lectivo. Esta actuación enmarcase na liña do noso proxecto educativo e conta con financiación do Centro de Información á Muller do Concello de Arteixo.

Distribuir contido


by Dr. Radut