Skip to Content

Blogues

Plan Dixital

Xustificante Xenérico de Ausencias

Queridas familias,

Poñemos á vosa disposición un modelo xenérico para a xustificación das ausencias do alumnado, co propósito de facilitarvos a notificación do motivo da(s) falta(s) ás titoras. Rogámosvos que, na medida do posible, adxuntedes os informes médicos/oficias pertinentes. 

Podedes enviarnos dita documentación pola Aplicación Abalar Móbil ou aos nosos enderezos electrónicos persoais, ou ben, entregárnolos en man na escola. 

Grazas pola vosa colaboración!

 

Inicio das actividades extraescolares

Informámosvos que as actividades extraescolares empezan hoxe, día 12 de setembro ás 16:00. Saúdos cordiais

Período de Adaptación 2022-23

CONSIDERACIÓNS PARA O VINDEIRO CURSO 2022-23

 

Compartimos coas familias algunhas consideracións cara o vindeiro curso

 

Calendario

O vindeiro curso iniciarase para o alumnado o día 8 de setembro de 2022.

O calendario escolar ven marcado pola Consellería de Educación nunha orde de obrigado cumprimento para todos os centros docentes dependentes da mesma. Podedes consultalo no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.pdf

 

Período de adaptación para o alumnado de 4º de EI

No capítulo II, artigo 4 punto 4 da orde de calendario anterior explica como realizar este período. Animamos ás familias á que colaboren co novo equipo docente neste punto, especialmente a aqueles nenos e nenas que non estiveron escolarizados con anterioridade.

 

Materiais escolares

Non se prescriben libros de texto para o vindeiro curso. O vindeiro equipo docente poderá solicitar outros materiais en setembro.

 

Normas de Organización e Funcionamento da Escola (NOFs)

Neste documento están recollidos aspectos como organización de entradas e saídas, vestimenta para o alumnado, como se resolven situacións de enfermidade do alumnado, etc.

Este documento pode ser revisado e modificado coa aprobación do Consello Escolar. Podedes consultalo aquí:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilarrodis/system/files/NOFS%202022_0.pdf

 

Comedor

Estanse a realizar os pasos para a implantación do servizo de comedor nesta escola, colaborando o centro, o concello e a ANPA. O comedor estará organizado e será responsabilidade da ANPA da escola. Pregamos que toda a comunidade colabore coa ANPA para ter un servizo satisfactorio. Calquera pregunta contactade co seu correo electrónico. Hai teléfono de contacto na carteleira exterior da escola.

apa.oloureiro@hotmail.com

 

Madrugadores e Actividades Extraescolares

Organízaas ó Concello de Arteixo. Está aberto o prazo para solicitudes. O correo electrónico de contacto é: educacion@arteixo.org

 

O equipo docente saínte agradece o apoio prestado polas familias durante este curso e desexa o mellor para toda a comunidade escolar de Vilarrodís no futuro.

 

Bo verán a todas e todos!!!

 

PRAZO DE MATRÍCULA

ww.freepik.es/fotos/pizarron-escuela creado por shangarey  

 

O prazo de formalización de matrícula abrangue dende o día 20 ata o 30 de xuño.

O horario de atención será de 11:30 a 13:00 previa cita. 

 

Documentación precisa

  • Impreso de formalización. Pódese descargar aquí
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • 2 fotos tamaño carnet recentes
  • Enquisa de recollida inicial de datos. Pódese descargar aquí
  • Documento sobre lingua materna. Pódese descargar aquí
  • Autorización de imaxe. Pódese descargar aquí

 

Ante calquera dúbida consultar na escola vía telefónica ou email (datos na columna esquerda da web no bloque O CENTRO pestana de Localización )  

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS E AXUDAS PARA ALUMNOS QUE CURSARÁN EDUCACIÓN PRIMARIA

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica unha oferta de axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o vindeiro curso 2022-2023.

O prazo para solicitar as axudas está aberto ata o 30 de setembro de 2022  

Anuncio no BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/05/18/pdfs/BOE-B-2022-15578.pdf

Resolución de convocatoria:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/Convocatoria%20NEAE%20curso%202022-2023.pdf

Información:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

 

BECAS PARA PRIMARIA

Está aberto o prazo para solicitar axudas para libros e materiais para PRIMARIA para o vindeiro curso 2022-2023.

Enlazamos á páxina web do CEIP de Galán onde vos explican os requisitos e vía de solicitude

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1808

 

 

NOVA VERSIÓN DO PROTOCOLO COVID-19

Ven de publicarse a última versión do Protocolo de Adaptación á situación Covid-19 no contexto dos centros de ensino non universitario de Galicia.

Vos informamos que nesta versión, no seu punto 4.1. dí que [...]Na situación actual os grupos de convivencia estable (GCE) poden interactuar entre si tanto en exteriores como en interiores coa única excepción do comedor escolar e espazos alternativos habilitados para as comidas, nos que se manterá o GCE"

Polo tanto modifícase o Plan de Adaptación á Situación Covid-19 da escola nos puntos que contemplaban a separación dos dous grupos-aula, que a partires de agora poderán mesturarse fóra e dentro do edificio escolar.

Lembramos que o uso da mascarilla NON é obrigatorio.

O texto completo do novo Protocolo o podedes consultar neste enlace

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2022_05_20_protocolo_covid.pdf

 

 

ESCOLA DE FAMILIAS

O vindeiro xoves 26 terá lugar a derradeira sesión da escola de familias que se está a desenvolver en colaboración dos centros escolares co Centro de formación de profesorado e o Concello de Arteixo.  Vos animamos a asistir a unha interesante charla coloquio sobre alimentación no Centro Tecnolóxico. Haberá un servizo de ludoteca para que poidades deixar aos vosos fillos e fillas. A sesión e o servizo son de balde. Podedes inscribiros enviando un correo a educacion@arteixo.org

Distribuir contido


by Dr. Radut